Katya Adaui Sicheri, máis coñecida como Katya Adaui, nada o 14 de febreiro de 1977 en Lima, é unha escritora, comunicadora e xornalista peruana.

En 2026 foi a gañadora da V Residencia Latitude 43 para autores do mundo na Coruña (Residencia Literaria 1863 en colaboración co Concello da Coruña).

Traxectoria De ascendencia palestina e italliana, naceu en Lima, viviu en Pueblo Libre e estudou xornalismo en Bausate y Mesa e logo escritura creativa na Universidad Nacional de Tres de Febrero en Buenos Aires. Gañou o Premio Nacional de Literatura do Perú en 2023 na categoría de relatos curtos polo seu libro Geografía de la oscuridad. O seu novo libro de contos Un nombre para tu isla foi finalista para o Premio de Narrativa Breve Ribera del Duero 2024.

Os seus contos publicáronse en Review Magazine (EEUU, 2013); Mi madre es un pez (Libros del Silencio, España, 2012); Más allá de la medida, primeiro Premio Internacional de Microrrelatos del Museo de la Palabra (España, 2010) e en Asamblea portátil, mostrario de novos narradores iberoamericanos (Casatomada, 2010). Publicou en Etiqueta Negra, Hermano Cerdo, Periplo, Buen salvaje, Le Monde Diplomatique.

A colección de historias de Adaui Aquí hay icebergs foi traducida por Rosalind Harvey para Charco Press. En 2018 foi convidada na residencia de escritura creativa da Academia Lu Xun, na China.

Vive en Buenos Aires onde imparte o obradoiro de escritura da carreira de Artes da Escritura na Universidade Nacional das Artes.

Obra

Relatos

Un accidente llamado familia (2007). 116 páxs. Matalamanga. Algo se nos ha escapado (2013). Criatura Editora. Aquí hay icebergs (2017). Penguin Random House. Traducido ao inglés por Charco Press. 131 páxs. ISBN 978-6124271236. Doce relatos. Geografía de la oscuridad (2021). Páginas de Espuma. 312 páxs. ISBN 978-84-8393-294-0. Un nombre para tu isla (2025). Páginas de Espuma. 369 páxs. ISBN 978-84-8393-362-6. miniatura|Con Ramón Rozas, na Libraría Paz de Pontevedra presentando Un nombre para tu isla, o 16 de abril de 2026

Novela

Nunca sabré lo que entiendo (2014). Planeta. 129 páxs. ISBN 978-6123194055. Quiénes somos ahora (2023). Random House, Mapa de las Lenguas. 202 páxs. ISBN 978-6125080011.

Infantil

Muy Muy en Bora Bora (2019). Beascoa. ISBN 978-6124305481. Pedro Paulet, el lector-inventor (2023). Biblioteca Nacional do Perú. 47 páxs. Ilustrado por Fátima Ordinola. Otra cosa (2024). Ilustrado por Cecilia Codoni. Periplo Ed. 32 páxs. ISBN 978-612-48566-4-8.

Premios

Otra cosa (Premio White Ravens, Premio Fundación Cuatrogatos e seleccionado pola Feira Infantil do Libro de Bolonia, 2023). En 2024, Un nombre para tu isla foi seleccionado como un dos cinco finalistas do Premio Ribera del Duero de Narrativa Breve.

Notas

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Lima Categoría:Escritores en lingua castelá