Os Xogos Olímpicos de 2012, correspondentes aos Xogos da XXX Olimpíada, tiveron lugar en Londres entre o 27 de xullo e o 12 de agosto de 2012.

Proceso de candidatura Rolda previa O COI avaliou as nove candidaturas e clasificaron á fase final aquelas que obtiveran máis de 6 puntos.

As nove candidatas e a puntuación obtida foron: París (Francia): 8,5 puntos Madrid (España): 8,3 puntos Londres (Reino Unido): 7,6 puntos Nova York (Estados Unidos): 7,5 puntos Moscova (Rusia): 6,5 puntos Río de Xaneiro (Brasil): 6,0 puntos Leipzig (Alemaña): 5,1 puntos Istanbul (Turquía): 4,8 puntos A Habana (Cuba): 3,6 puntos

Outras postulantes São Paulo (Brasil) (derrotada por Río de Xaneiro), Cincinnati, Dallas, Houston, Pittsburgh, San Francisco, Tampa-Orlando e Washington-Baltimore (Estados Unidos) (derrotadas por Nova York), Sevilla (España) (derrotada por Madrid), Hamburgo, Stuttgart, Frankfurt e Düsseldorf (Alemaña) (derrotadas por Leipzig).

Votación final O 6 de xullo de 2005 realizouse a Sesión 117 do COI, á que asistiron 116 votantes e os representantes das cinco candidatas finalistas, entre as que se destacan personalidades como o presidente Jacques Chirac por París, a Princesa Ana de Inglaterra e David Beckham por Londres, a senadora Hillary Clinton por Nova York e a Raíña Sofía de España por Madrid.

Resultados das votaciónsCidadePaísRolda 1Rolda 2Rolda 3Rolda 4LondresReino Unido22273954ParísFrancia21253350MadridEspaña203231-Nova YorkEstados Unidos1916--MoscovaRusia15---

Sedes Os xogos de Londres disputáronse en tres zonas principais: o Parque Olímpico, a Zona Fluvial e a Zona Central. Á marxe diso, algúns recintos están fóra de Londres.

Zona Fluvial A Zona Fluvial inclúe catro sedes principais a carón do río Támese. miniatura|200px|Estadio Olímpico. miniatura|200px|dereita|ExCeL Exhibition Centre O ExCeL Exhibition Centre, para o boxeo, esgrima, judo, tenis de mesa, taekwondo, halterofilia, e loita. O North Greenwich Arena, para a final de baloncesto e ximnasia artística. Greenwich Park, para as competicións de equitación e péntatlon moderno. Os Royal Artillery Barracks, para o tiro.

Zona Central O All England Lawn Tennis and Croquet Club en Wimbledon foi a sede das competicións de tenis. O Earls Court Exhibition Centre para o voleibol. O Horse Guards Parade para o volei praia. No Hyde Park disputarase o tríatlon e a natación en augas abertas 10 km. O Lord's Cricket Ground para o tiro con arco. O Wembley Arena para o bádminton e a ximnasia rítmica. O novo Estadio de Wembley, acolleu as finais de fútbol.

Arredores de Londres O Lago Dorney, en Buckinghamshire, para as competicións de remo e piragüismo. Hadleigh Farm, en Essex, para a modalidade de mountain bike no ciclismo. O Lee Valley White Water Centre, en Hertfordshire acolleu os eventos de piragüismo en slálom. O Weymouth and Portland National Sailing Academy, en Dorset na costa sur de Inglaterra, acolleu as competicións de vela.

Estadios de fútbol Os seguintes estadios acolleron as primeiras roldas das competicións de fútbol:

Hampden Park en Glasgow Millennium Stadium en Cardiff Old Trafford en Manchester St James' Park en Newcastle Ricoh Arena en Coventry

Calendario Nestes Xogos Olímpicos leváronse a cabo 302 competicións correspondentes a 28 deportes. Na seguinte táboa amósanse as datas de cada competición, así como o número de finais que se disputaron cada xornada.

Evento Mér25 Xov26 Ven27 Sáb28 Dom29 Lun30 Mar31 Mér01 Xov02 Ven03 Sáb04 Dom05 Lun06 Mar07 Mér08 Xov09 Ven10 Sáb11 Dom12 TOT Inauguración 20px Atletismo 2 5 7 5 4 4 5 6 8 1 47 20px Bádminton 1 2 2 5 20px Baloncesto 1 1 2 20px Balonmán 1 1 2 20px Boxeo 3 5 5 13 20px Ciclismo 1 1 2 2 2 1 1 1 3 2 1 1 18 20px Esgrima 1 1 1 1 2 1 1 1 1 10 20px Fútbol 1 1 2 20px Halterofilia 1 2 2 2 2 2 1 1 1 1 15 20px Hípica 2 1 1 2 6 20px Hóckey 1 1 2 20px Judo 2 2 2 2 2 2 2 14 20px Loita 2 3 2 2 2 2 3 2 18 20px Natación 4 4 4 4 4 4 4 4 1 1 34 20px Natación sincronizada 1 1 2 20px Péntatlon moderno 1 1 2 20px Piragüismo 1 1 2 4 4 4 16 20px Remo 3 3 4 4 14 20px Saltos de trampolín 1 1 1 1 1 1 1 1 8 20px Taekwondo 2 2 2 2 8 20px Tenis 2 3 5 20px Tenis de mesa 1 1 1 1 4 20px Tiro 2 2 1 1 1 1 2 2 1 2 15 20px Tiro con arco 1 1 1 1 4 20px Tríatlon 1 1 2 20px Vela 2 2 2 1 1 1 1 10 20px Voleibol 1 1 1 1 4 20px Ximnasia 1 1 1 1 1 1 3 3 4 1 1 18 Clausura Evento 25 26 27 28 29 30 31 01 02 03 04 05 06 07 08 09 10 11 12 TOT

Medalleiro Véxase o artigo Medalleiro dos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Posición País Ouro Prata Bronce Total1 46 29 29 1042 38 27 23 883 29 17 19 654 24 26 32 825 13 8 7 286 11 19 14 447 11 11 12 348 8 9 11 289 8 4 5 1710 7 16 12 35

Notas

Véxase tamén Outros artigos Atletismo masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 Baloncesto masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 Fútbol masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 Galegos nos Xogos Olímpicos de Londres 2012

Ligazóns externas London2012.com