Terra de Miranda, en asturleonés Tierra de Miranda é o nome histórico do territorio poboado polos falantes da minoritaria lingua mirandesa. Ten 500 km² de extensnión e fica no nordeste de Portugal.
miniatura|Encoro de Miranda do Douro Historia A Terra de Miranda conserva vestixios de ocupación moi antigos, e a investigación arqueolóxica documenta tamén a continuidade do poboamento na Antigüidade tardía e na Alta Idade Media.Salgado, Mónica; Pereira, Pedro; Cosme, Susana (2022): "O Castro S. João das Arribas. Novos dados para a longa história nas arribas", Arqueologia & História, 73, pp. 121-136. Nese período, como o resto do noroeste peninsular, a rexión integrouse primeiro no Reino suevo e despois no Reino visigodo.Díaz, Pablo C.; Menéndez, Luis R. (2015): "Gallaecia in Late Antiquity: The Suevic Kingdom and the Rise of Local Powers", en D'Emilio, James (ed.), Culture and Society in Medieval Galicia. Leiden: Brill, pp. 75-111.
Na Idade Media, o territorio quedou vinculado durante séculos ao ámbito leonés, tanto no político como no eclesiástico, especialmente á diocese de Astorga, circunstancia que axuda a explicar a pervivencia histórica do dominio asturleonés na rexión.Czopek, Natalia (2008): "O mirandês - um enclave linguístico de Portugal", Romanica Cracoviensia, 8 (1), pp. 11-20.Gómez Bautista, Alberto (2016): "Contributo para uma história do asturo-leonês em Portugal", Lletres Asturianes, 115, pp. 89-102.
Despois da formación do Reino de Portugal, a Terra de Miranda e a veciña Terra de Bragança mantiveron durante un tempo unha posición fronteiriza e oscilante entre León e Portugal. A súa integración na coroa portuguesa consolidouse definitivamente a fins do século XIII, no contexto da política de poboamento e fortificación de Don Dinis de Portugal e do Tratado de Alcañices.Costa, Paulo Sousa (2015): A Torre do Relógio e o Castelo de Alfândega da Fé: 1258-1758. Alfândega da Fé: DH Debater a História, pp. 57-60.
Na organización medieval do territorio tiveron tamén relevancia varios centros monásticos e as ordes militares. Entre os primeiros salientaron Santa María de Moreruela e San Martín de Castañeda, con influencia sobre o nordeste transmontano e as terras portuguesas situadas ao leste de Bragança.Costa, Paulo Sousa (2015): A Torre do Relógio e o Castelo de Alfândega da Fé: 1258-1758. Alfândega da Fé: DH Debater a História, p. 60.Hernández, Fernando Miguel (2010): El monasterio de San Martín de Castañeda, Zamora. Análisis de su pasado para el futuro. Valladolid: Junta de Castilla y León. Entre as segundas, destacaron a Orde do Temple e a Orde do Hospital, con presenza nas terras de Mogadouro, Penas Róias, Algoso e na veciña Terra de Miranda.Observatório do Património Cultural Templário e Joanino (2021): "Comenda de Mogadouro e Penas Róias".
Concellos integrantes miniatura|Actuación dos "Pouliteiros de Miranda" en Lisboa. Concellos (cunceilhos) que integran, na súa totalidade ou en parte, a Terra de Miranda:
Miranda de l Douro (Miranda do Douro) Bumioso (Vimioso) Bergáncia (Braganza) Macedo de Cabalheiros (Macedo de Cabaleiros) Mogadouro Notas
Véxase tamén
Outros artigos Douro Rio Douro, Portugal Miranda do Douro Lingua mirandesa
Categoría:Lingua mirandesa Categoría:Rexións de Portugal