Linda foi unha revista literaria feminista publicada entre 1887 e 1905. Foi a primeira revista feminina de Estonia, como se reflicte no seu subtítulo: Esimene literatuurlik ja ajakohane ajakiri Eesti naisterahvale (en galego, A primeira revista literaria e moderna para mulleres estonianas).Tamul & Lätt (2006), p. 546
A revista publicouse en Viljandi entre 1887 e 1893, en Pärnu entre 1893 e 1902 e en Tartu entre 1902 e 1905.Annus & Loogväli (2002), p. 360
Historia miniatura|Portada do nº 3 da revista Linda, do 28 de decembro de 1887. Linda foi creada pola xornalista, pedagoga e feminista estoniana Lilli Suburg en 1887 para dar a coñecer as ideas do feminismo ás mulleres estonianas.Annuk (2019), p. 407Dillane (2021), p.8 O primeiro número apareceu en outubro dese ano. A partir de 1891, a revista converteuse nunha publicación semanal regular e continuou a publicación até 1893 e durante un curto período en 1894. Linda tiña a súa sede en Viljandi.
Presentaba artigos sobre relacións, actividades domésticas e emancipación das mulleres. A revista tamén ofrecía ficción traducida, crítica literaria e obras orixinais escritas principalmente por Suburg, ademais de biografías de escritores estonianos. En 1894, Suburg viuse obrigada a vender Linda, que continuou a ser publicada por Anton Jürgenstein ata 1905.
Varios números da revista foron dixitalizados pola Biblioteca Nacional de Estonia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Números dixitalizados na Biblioteca Nacional de Estonia
Categoría:Revistas feministas Categoría:Cultura de Estonia Categoría:Revistas desaparecidas de Estonia Categoría:Revistas en lingua estoniana Categoría:Revistas literarias