Aurelio Torres Lorenzo, coñecido como Pacheco, nado en Pontevedra cara a 1901 e finada na mesma cidade o 23 de agosto de 1936, foi un canteiro e sindicalista galego.
Traxectoria Canteiro veciño de Mourente. Presidente do sindicato da construción da UGT, participou en mitins da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado co seu irmán Manuel “Chía” na casa dunha veciña no Pazo. Finalmente foi detido pola garda cívica. Asasinado en Carabelos nunha volta do camiño de Mourente a Bora o 23 de agosto o seu corpo apareceu barbaramente torturado e cos xenitais metidos na boca; a súa morte rexistrouse a causa de destrución do cranio. Foi reclamado mediante requisitoria polo xuíz militar de Pontevedra o 4 de setembro xunto con Manuel Pedreira Rumbo, Manuel Martínez, Albino Sánchez Leiro e Elvira Lodeiro González.El Diario de Pontevedra, 4-9-1936, p. 2.
Vida persoal
Casou con Isolina Villaverde Cendón “A Cendona” e foi pai de Francisco, Aurelio e Lola Torres Villaverde.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Aurelio Torres Lorenzo "O Pacheco" Mourente hace memoria y rendirá homenaje a Isolina Villaverde y Aurelio Torres, víctimas del Franquismo
Ficha en memoria da Coruña
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1936