A lista de Schindler (en ) é un filme de 1993 baseado no libro Schindler's Ark de Thomas Keneally (o libro foi máis tarde renomeado como Schindler's List). Dirixido por Steven Spielberg, relata a historia de Oskar Schindler, un checo que foi instrumento para salvar a vida de máis de mil xudeus polacos durante o Holocausto. O título refírese á lista de 1 200 xudeus que Schindler contratou para traballar na súa fábrica, quitándoos do campo de concentración.

A maior parte do filme foi producido en branco e negro (con cores no prólogo e no epílogo e unha cor vermella en dúas escenas). Está protagonizado por Liam Neeson como Oskar Schindler, Ben Kingsley como Itzhak Stern e Ralph Fiennes como Amon Goeth. O seu subtítulo é "Quen salva unha vida salva o mundo enteiro", unha cita do Talmud. Foi aclamado pola crítica, o filme gañou fama polo seu detalle gráfico da horrible brutalidade do holocausto. Nomeado a doce Óscars, gañou sete, incluíndo o de Mellor Filme e Mellor Director para Steven Spielberg.

Sinopse Segunda guerra mundial (1939-1945). Oskar Schindler (Liam Neeson), un home de enorme astucia e talento para as relacións públicas, organiza un ambicioso plan para gañar a simpatía dos nazis. Despois da invasión de Polonia polos alemáns (1939), consegue, grazas ás súas relacións, a propiedade dunha fábrica de Cracovia. Alí emprega a centos de operarios xudeus, cuxa explotación faino prosperar axiña. O seu xerente (Ben Kingsley), tamén xudeu, é o verdadeiro director na sombra, pois Schindler carece completamente de coñecementos para dirixir unha empresa.

Personaxes Principais Liam Neeson como Oskar Schindler, un home de negocios nazi que salvou a vida de arredor de 1 100 xudeus empregándoos na súa fábrica. Ben Kingsley como Itzhak Stern, o contable de Schindler e o seu compañeiro de negocios. Ralph Fiennes como Amon Göth, o principal antagonista do filme; Goeth e un oficial das SS asignado a construír o campo de concentración de Płaszów. Embeth Davidtz como Helen Hirsch, unha rapaza xudía que traballa para Göth como serventa. Caroline Goodall como Emilie Schindler, a muller de Schindler. Jonathan Sagall como Poldek Pfefferberg, un home que sobrevive coa súa muller que aprovisiona de todo o que Schindler necesita do mercado negro.

Secundarios Ezra Dagan como Rabino Lewartow Malgoscha Gebel como Wiktoria Klonowska Shmuel Levy como Wilek Chilowicz Mark Ivanir como Marcel Goldberg Béatrice Macola como Ingrid Andrzej Seweryn como Julian Scherner Friedrich von Thun como Rolf Czurda Krzysztof Luft como Herman Toffel Harry Nehring como Leo John Norbert Weisser como Albert Hujar Adi Nitzan como Mila Pfefferberg, a muller de Poldek Pfefferberg. Michael Schneider como Juda Dresner Miri Fabian como Chaja Dresner Anna Mucha como Danka Dresner Ben Darby como Home de gris Albert Misak como Mordecai Wulkan. Hans-Michael Rehberg como Rudolf Höss Daniel Del Ponte como Doutor Josef Mengele

Galardóns e nomeamentos 1993: 7 Oscars: Filme, director, guión, montaxe, música, dirección artística e fotografía. 1993: 3 Globos de Ouro: Filme: drama, guión e director. 6 nomeamentos. 1993: 7 premios BAFTA, incluíndo filme, fotografía, montaxe e bso. 13 nomeamentos. 1993: Nomeada ó Cesar: Mellor filme estranxeiro. 1993: National Board of Review: Mellor filme. 1993: 3 premios Círculo de críticos de Nova York, incluíndo actor secundario (Ralph Fiennes).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial "A lista de Schindler" na IMDb "A lista de Schindler" en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua hebrea Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua polaca Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Steven Spielberg Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Israel Categoría:Filmes sobre xudaísmo Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego