Carlos Rodríguez Portela, coñecido deportivamente como Caloi, nado en Redondela o 11 de febreiro de 1987, é un exfutbolista galego que xogaba na posición de mediapunta.
Traxectoria Primeiros anos Caloi formouse nas categorías inferiores do Club Deportivo Choco e do Celta de Vigo. En 2009 comezou a súa traxectoria sénior no Alondras Club de Fútbol da Terceira División. En 2011 pasou a formar parte do Club Deportivo Choco da Preferente Galicia. Na campaña 2012/13 contribuíu a alcanzar o ascenso á Terceira División e xogou unha tempada máis co Choco baixo a dirección de Jacobo Montes.
Primeira etapa no fútbol finlandés En maio de 2014 anunciouse a fichaxe de Caloi e do seu compañeiro Pablo Couñago polo FC Honka da Veikkausliiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. O 10 de agosto de 2014 anotou o seu primeiro gol co Honka nunha derrota por 4-1 contra o IFK Mariehamn. En decembro dese ano o Honka sufriu un descenso á segunda división finlandesa por causa dunha débeda de 600.000 euros.
En abril de 2015 anunciouse a fichaxe polo PK-35 Vantaa de varios galegos, incluído o adestrador José Riveiro e os xogadores Caloi, Pablo Couñago e Yerai Couñago. Nesa tempada o PK-35 alcanzou o ascenso á primeira categoría finlandesa.
Coruxo e regreso ao Choco En xullo de 2015 anunciouse a incorporación de Caloi e Mateo Míguez, ambos xogadores do PK-35, no Coruxo Fútbol Club da Segunda División B. En xaneiro de 2017 fíxose oficial o regreso de Caloi ao Choco.
Segundo período no Honka En xuño de 2017 regresou ao fútbol finlandés e asinou un novo contrato co FC Honka.
Última etapa no Choco e retirada En xaneiro de 2018 anunciouse unha nova etapa de Caloi no CD Choco. Renovou sucesivamente co club redondelán e en setembro de 2021 asinou a súa undécima tempada co Choco. Caloi retirouse no Choco tras finalizar a tempada 2021/22 e recibiu unha homenaxe deportiva en setembro de 2022.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Caloi en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Redondela Categoría:Futbolistas de Redondela Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Alondras CF Categoría:Xogadores do CD Choco Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do PK35 Vantaa Categoría:Xogadores do Honka FC