O Monte Qingcheng (chinés 青城山 pinyin Qīngchéng Shān) é unha montaña sagrada taoísta en Dujiangyan, Chengdu, Sichuan, China.
Considérase un dos berces do taoísmo e un dos lugares relixiosos taoístas máis importantes da China. Na mitoloxía taoísta, foi o lugar dos estudos do Emperador amarelo con Ning Fengzi. Como lugar importante do taoísmo, converteuse en sede de moitos mosteiros e templos taoístas. A montaña ten 36 picos. A montaña tamén alberga o Centro do Panda Xigante de Dujiangyan e, desde o ano 2000, está catalogada como Patrimonio da Humanidade da UNESCO. O monte Qingcheng viuse afectado polo terremoto de Wenchuan en 2008.
Historia No ano 142 d.C., o primeiro Mestre Celestial Zhang Daoling desenvolveu o Camiño das cinco medidas de arroz, un movemento destacado no taoísmo. Moitos dos elementos esenciais do taoísmo derivan das ensinanzas e prácticas dos templos que se construíron na montaña durante as dinastías Jin e Tang. Hai 11 templos taoístas na montaña, e o Monte Qingcheng foi un importante centro espiritual e filosófico ata o século XVII.
Lugares de interese Palacio de Jianfu
"Situado ao pé do Monte Zhangren, o Palacio de Jianfu construíuse por primeira vez na dinastía Tang e renovouse repetidamente nas seguintes dinastías. Hoxe en día só quedan dúas salas e tres recintos renovados na dinastía Qing. Figuras destacadas da escola taoísta son veneradas no espléndido Salón Principal do Palacio de Jianfu. No Pavillón Weixin, o vestidor da princesa consorte do príncipe Qingfu na dinastía Ming.
É o primeiro templo taoísta no Monte Qingcheng."
Cova Chaoyang
"Situada ao pé do pico principal do Monte Laoxiao, a cova é profunda, con pingas de auga caendo ocasionalmente. A Cova Chaoyao tamén é un magnífico templo taoísta construído baixo cantís escarpados que forman parte do terreo."
Palacio de Shangqing
"Situado no cumio do monte Qingcheng, cunha altitude de máis de 1.500 m, o palacio de Shangqing marca o final da ruta turística do monte Qingcheng. Edificios como o Salón Laojun, o Salón Sanqing, o Salón Wenwu e o Salón de Predicación Tao Te Ching no templo taoísta do palacio de Shangqing, con varias reliquias culturais, construíronse orixinalmente na dinastía Jin."
Galería
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade na China
Ligazóns externas Mount Qingcheng and the Dujiangyan Irrigation System: the official UNESCO site https://www.clausiuspress.com/conferences/AETP/ETSS%202018/A12512.pdf
Categoría:Patrimonio da Humanidade na China