Insulino Dependiente é un rapeiro, poeta e produtor de Zaragoza. Forma parte do proxecto Troikadedra, con moitas maquetas, novelas e poemas publicados.

Entre as súas maquetas, conta con títulos como Entre Lobos y Luciérnagas (2003) ou El Violón de las Comadres (2004) , ademais dun disco autoeditado no 2005 chamado Ojalá te Mueras e outro editado a nivel nacional titulado A Cuchillo (2007). O 11 de setembro de 2008 veu a luz o seu traballo El Crepúsculo dos Imbéciles.

El Puto De, disc-jóckey e podutor de Zaragoza, comeza a colaborar con Insulino nunha tape autoeditada en 2006 chamada Fácilmente Deformable, na que se dan cita artistas de diferentes cidades de España. Foi colaborador no disco do grupo zaragozano Untitled de Tr3s Monos. Ambos teñen unha longa traxectoria en concertos tales como o festival Zaragoza Ciudad 2006-2007, festival Madres contra as drogas en Leganés e Sevilla, ademais de numerosos concertos tanto pola xeografía local como nacional.

Notas

Categoría:Rapeiros de Aragón