María Blázquez del Pozo, nada en Madrid cara a 1919, foi unha guerrilleira antifascista galega.

Traxectoria

Detida en Madrid en 1939, estivo presa na Prisión provincial da Coruña e despois na Prisión Central de Saturrarán de onde saíu en libredade condicional en febreiro de 1943.BOE, 16-3-1943, p. 2406-2407. Reincorporouse ao Partido Comunista de España na Coruña e foi colaboradora de José Gómez Gayoso. O 11 de xullo de 1948 foi arrestada con Gayoso cando acudían ao domicilio de Antonio Seoane: ao abrir a porta do piso foron encañonados por dous policías, María tratou de pechar a porta e abalanzouse sobre un dos gardas para cubrir la fuga do seu camarada, pero recibiu un disparo no ventre. María foi interrogada no hospital, a pesar de estar ferida e embarazada dun neno que naceu durante a súa estadía na prisión. Encartada na causa 370/48, foi xulgada na Coruña o 18 de outubro con José Gómez Gayoso, Antonio Seoane, José Bartrina Villanueva, Juan José Romero Ramos, José Rodríguez Santos, Juan Martínez Montero, Carmen Orozco Muñoz, Clementina Gallego Abeledo e Josefina González Cudeiro.La Voz de Galicia, 19-10-1948, p. 2.El Ideal Gallego, 19-10-1948, p. 3, 9. Foi condenada a trinta anos de prisión."Sentencia cumplida", La Voz de Galicia, 7-11-1948, p. 2. Saíu en liberdade condicional en 1963, púxose en contacto coa súa irmá e os seus fillos.

Notas

Vexase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Cárceles y mujeres

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1919

Categoría:Finados en ano descoñecido