Yerai Couñago Vilaboa, coñecido simplemente como Yerai, nado en Redondela o 11 de outubro de 1991, é un exfutbolista galego que xogaba na posición de dianteiro ou centrocampista.

Traxectoria Choco e Coruxo En 2010 comezou a súa carreira sénior co Club Deportivo Choco da Preferente Galicia. O 22 de xuño de 2012 fichou polo Coruxo Fútbol Club da Segunda División B. Na tempada 2013/14 xogou novamente no Choco da Terceira División.

Primeira etapa finlandesa En 2014 fichou polo FC Honka da Veikkausliiga. No equipo finlandés xogou cos futbolistas redondelanos Caloi e Pablo Couñago baixo a dirección do adestrador vigués José Riveiro. En 2015, debido aos problemas económicos que atravesaba o Honka, Riveiro e os tres xogadores galegos pasaron a formar parte do PK-35 Vantaa da Ykkönen, a segunda división finlandesa.

Alondras e Arousa No verán de 2016, Yerai e Pablo Couñago asinaron contrato co Alondras Club de Fútbol da Terceira División. O 30 de xuño de 2017 anunciouse a chegada de Yerai ao Arousa SC.

Regreso ao fútbol finlandés En 2018 volveu ás ligas finlandesas e fichou polo FC KTP.

Última etapa no Choco e retirada Na campaña 2018/19 comezou unha nova etapa no CD Choco. Tras finalizar a tempada 2020/21 co equipo redondelano, Yerai figura como xogador retirado das competicións oficiais de fútbol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Yerai Couñago en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Redondela Categoría:Futbolistas de Redondela Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Choco Categoría:Xogadores do Alondras CF Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Xogadores do Honka FC Categoría:Xogadores do PK35 Vantaa