thumb|400px|Mapa que mostra a localización da cultura de Iamna no 3500 a. C. no Vello Mundo. Menciónanse as culturas da cerámica de peite, Maikop e outras adxacentes. thumb|300px|Mapa que mostra a extensión aproximada da cultura de Iamna entre o 3200 e 2300 a. C.Menciónanse a cultura da cerámica cordada, a cultura da ánfora globular e a cultura de Baden. thumb|300px|Mapa que mostra que área de extensión da cultura de Iamna se corresponde coas estepas do norte do mar Negro e o mar Caspio. Menciónanse os bosques temperados (temperate forest) do centro-norte de Europa e a inhóspita taiga de Rusia. thumb|300px|Enterramento da cultura de tumbas de Iamna, no óblast de Volgogrado.
A cultura de Iamna ou iamnaia (yama significa ‘burato’ en ucraíno e ruso, mentres que yamna significa do burato en ucraíno) ou «cultura das tumbas de foso» é unha das últimas culturas do final da Idade do Cobre (ou Era Calcolítica) e comezos da Idade do Bronce, na rexión do Bug, Dniéster, Ural (Estepa do Ponto, Caspio). A cultura de Yamna estivo activa entre o século XXXVI a.C. e o século XXIII a.C. Esta cultura era predominantemente nómade, aínda que practicaban algo de agricultura preto de ríos e dalgúns castros (fortificacións).
Orixes
Pénsase que a cultura de Yamna podería terse orixinado na zona media do río Volga a partir da cultura de Khvalynsk e no río Dniéper medio a partir da cultura de Sredny Stog. Na súa zona occidental foi sucedida pola cultura das catacumbas, e no leste, pola cultura de Poltavka e a cultura de Srubna.
Na hipótese dos kurgáns de Marija Gimbutas (1921-1994), a cultura de Yamna identifícase cos últimos protoindoeuropeos. O pobo yamna é un candidato —xunto co pobo de Sredny Stog— a ser o lugar de orixe (urheimat) do idioma protoindoeuropeo.
A teoría da continuidade paleolítica asocia ás culturas dos kurgáns (‘túmulos’) de Yamna e de Sredny Stog cos pobos túrquicos. A hipótese anatoliana e a teoría do diluvio do mar Negro negan a orixe indoeuropea proposta por Gimbutas sobre a hipótese da invasión de kurgáns calcolítica.
A cultura de Yamna pódese relacionar de xeito case directo cun complexo cultural indoeuropeo (ou máis especificamente, indoiranio): a cultura de Andronovo, que é o complexo arqueolóxico máis antigo que se pode identificar cun grupo lingüístico indoeuropeo particular.Benjamin W. Fortson IV: Indo-european language and culture: an introduction, [(http://books.google.com.ar/books?id=bSxHgej4tKMC&pg=PA47&dq=yamna+culture&hl=es-419&sa=X&ei=fj6cUIrvHJGo0AGGoYH4DQ&ved=0CDIQ6AEwAQ#v=onepage&q=yamna%20culture&f=false) parágrafo 2.69, na páxina 46] . Chichester (RU): Blackwell Publishing, 2010.
Algúns non ven aos yamnas como devanceiros dos indoeuropeos, senón só dos indoiranios (migrados cara ao sueste).Benjamin W. Fortson IV: Indo-european language and culture: an introduction, [(http://books.google.com.ar/books?id=bSxHgej4tKMC&pg=PA47&dq=yamna+culture&hl=es-419&sa=X&ei=fj6cUIrvHJGo0AGGoYH4DQ&ved=0CDIQ6AEwAQ#v=onepage&q=yamna%20culture&f=false) parágrafo 2.70, na páxina 47] . Chichester (RU): Blackwell Publishing, 2010.
Características
Son características desta cultura as inhumacións en kurgáns (túmulos), en sepulcros tipo foso nos que se introducía o corpo en posición de decúbito supino cos xeonllos dobrados. Os corpos eran cubertos con ocre. Nestes kurgáns atopáronse enterramentos múltiples, a miúdo con inclusións posteriores. Descubriuse que realizaban ofrendas de animais (gando, porcos, ovellas, cabras e cabalos), unha característica que se asocia tanto aos pobos protoindoeuropeos como aos protoindoiranios.
Os restos máis antigos atopados na Europa Oriental dun carro con rodas, realizado por persoas pertencentes á cultura de Yamna, foron achados no kurgán Storozhova Mohyla (Dnipró, Ucraína). O sitio de sacrificio descuberto en 1976 na Cresta de Mergueleva, situada no óblast de Luhansk en Ucraína, considérase un outeiro-santuario no que se practicaban sacrificios humanos.
O xenetista David Reich, da Universidade de Harvard, adiantou que conforme a un estudo baseado na análise de ADN dos restos de 153 individuos, existe evidencia de que hai uns 4500 anos descendentes dos yamna invadiron a península ibérica cun importante e perdurable impacto xenético. Segundo o devandito xenetista, ao cabo dunhas xeracións, o ADN do cromosoma Y masculino dos invasores tería substituído nun 100% o dos homes locais,[(https://elpais.com/elpais/2018/10/01/ciencia/1538416630_736638.html)] unha interpretación baixo polémica. (https://www.vozpopuli.com/next/nadie-extermino-hombres-peninsula-hace_0_1178883504.html )(https://www.elperiodico.com/es/ciencia/20190314/adn-hombre-peninsula-iberica-7353221)
Galería de imaxes
Véxase tamén Hipótese dos kurgáns Cultura de Cucuteni Cultura de Vinča Cultura do vaso campaniforme Cultura de Khvalynsk Kurgán
Notas
Bibliografía J. P. Mallory: «Yamna culture», na Encyclopedia of Indo-European Culture (‘Enciclopedia da cultura indoeuropea’). Fitzroy Dearborn, 1997.
Ligazóns externas Predecesor: cultura de Sredny Stog, cultura de Khvalynskculturas de Europa OrientalFinal da Idade do Cobre ecomezos da Idade do BronceCultura de Yamna3600 a. C.-2300 a. C.Sucesor:cultura das catacumbas,cultura de Poltavka,cultura de Srubna
Categoría:Pobos antigos