José Rivada Novoa nado en Ribela, concello de Coles, o 27 de xuño do 1914, e finado en Baiona (Francia) o 19 de febreiro do 2002, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria miniatura|José Rivada e Federico Pena paseando por París.|esquerda Estaba en Madrid estudando Topografía cando comezou a guerra civil. José integrouse no exército da República e, en febreiro de 1939, fuxiu cara Francia.

Foi apresado polos alemáns no stalag V-D de Estrasburgo. E desde alí a Mauthausen, onde ingresou o 13 de decembro de 1940 co número 5191. O 28 de novembro de 1941 levárono a Gusen, co número 48696, sendo liberado polo exército de Estados Unidos o 5 de maio de 1945.

Unha vez rematada a II guerra mundial instalouse en París. Despois de pasar polo Hotel Lutetia (centro de acollida dos deportados) Rivada traballou en moitos lugares. Comezou nun laboratorio fabricando Exposímetros, e despois foi taxista, traballador do ferrocarril e funcionario no Ministerio de Finanzas francés. Foi recoñecido como refuxiado político e obtivo a nacionalidade francesa.

O grupo de amigos deportados, agora exiliados, reuníase en moitas ocasións, sobre todo nas conmemoracións e nos mitins do PCE, partido no que militaba a maioría. Entre os amigos estaba Federico Pena, o seu mellor amigo, de Cabo da Cruz, tamén liberado do campo nazi, e Antonio García un dos presos que "roubou" as fotos de Mauthausen xunto a Francesc Boix. El era o que tiraba a maioría das fotos dos eventos nos que participaban os deportados en París. miniatura|Ficha de Rivada en Mauthausen. Rivada casou en París cunha muller francesa, Jeanne Marie Le Roux. Recibiu pensións de Francia e, máis tarde, de Alemaña. Contou coa axuda da Federación de Deportados e da Amical de Mauthausen. Mesmo chegou a cobrar unha pensión de España, xa nos anos oitenta, por ser membro do exército da II República. En 1989 recuperou a nacionalidade española.

Non regresou a España ata a morte do ditador Franco. As familias de Rivada e Pena compartiron vacacións en distintos lugares da Península, pero Rivada non volveu nunca á aldea de Ribela onde naceu, porque "dáballe pena e non tiña a ninguén alí". Jeanne e José pasaron os últimos anos das súas vidas na vila de Tarnos, preto da fronteira con España. Faleceu o 19 de febreiro do 2002 no hospital de Baiona.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.

Categoría:Nados en 1914 Categoría:Nados en Coles Categoría:Finados en 2002 Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa