Myiarchus magnirostris é unha especie de paxaro da familia Tyrannidae endémica das illas Galápagos.
Taxonomía e sistemática Esta ave foi descrita por John Gould co nome Myiobius magnirostris despois de chamala inicialmente Tyrannula magnirostris. O libropublicouse en 1841, pero a descrició da especie atribúese ao ano 1838. Durante un período a inicios da década de 1900 algúns autores situárono no xénero monotípico Eribates, pero na década de 1970 ese xénero foi fusionado con Myiarchus. Como especie, é monotípica.Wiedenfeld, D. A. (2020). Galapagos Flycatcher (Myiarchus magnirostris), version 1.0. In Birds of the World (T. S. Schulenberg, Editor). Cornell Lab of Ornithology, Ithaca, NY, USA. https://doi.org/10.2173/bow.galfly1.01 . Consultado o 27 de xullo de 2025
O nome local que se lle dá a este paxaro é "papamoscas", pero non ten nada que ver cos papamoscas da familia dos muscicápidos como os que viven en Galicia.
Descrición Mide de 14 a 16 cm de longo e pesa de 12 a 18,5 g. Os dous sexos teñen a mesma plumaxe. Os adultos teñen un píleo de marrón agrisado a marrón oliváceo cuxas plumas forman unha pequena crista. O resto da face tena de cor marrón agrisada máis clara. A parte dorsal é principalmente de marrón agrisada a marrón olivácea con rabadilla marrón. As ás son principalmente de marróns oliváceas a marróns con bordos máis claros nas remeiras primarias e secundarias e as cobertoiras das ás teñen puntas máis claras que forman dous barra alares. A cola é marrón agrisada con bordos das plumas avermellados. A gorxa e parte superior do peito son grises. A parte inferior do peito e ventre son de cor amarela xofre. Teñen iris escuros, un bico groso de marrón escuro a negro cunha base rosada ata a mandíbula, e patas e pés cincentos.
Distribución e hábitat
Vive en todas as illas Galápagos agás nas illas Darwin, Wolf e Genovesa. Porén, hai un rexistro de finais do século XIX ou principios do XX en cada unha delas. Habita en todos os hábitats con vexetación das illas. Vive desde o nivel do mar ata polo menos os 1000 m de altura, pero é máis numeroso nas terras baixas máis húmidas.
Comportamento Xeral É unha ave "extremadamente mansa e curiosa". ás veces entra en edificios para capturar insectos. A miúdo póusase a 2 m dos humanos mentres busca presas. Ás veces voan arredor das tartarugas da Galápagos ou mesmo se pousan nelas para buscaren insectos.
Movemento É unha ave residente todo o ano.
Alimentación
A súa dieta non foi totalmente definida, mais sábese que inclúe insectos, outros artrópodos e froitas. Busca alimento normalmente en pares a uns 3 m do chan porque a maior parte da vexetación das illas é máis ben de baixa altura. Busca a maioría das presas e froitas mentres sobrevoa por breves momentos. miniatura|Adulto abandonando o seu niño nunha cavidade dentro dun poste de madeira dun valado na illa Floreana.
Reprodución Aínda que aparentemente se reproduce durante todo o ano, a maior parte das reproducións teñen lugar durante a estación húmida máis cálida de decembro a maio. Nidifica en cavidades, incluíndo ocos naturais en árbores e cactos ou en postes da liña eléctrica de formigón. Os niños están feitos principalmente de material vexetal e poden estar forrados con pelos e plumas. Os individuos ás veces póusanse no ombreiro das persoas para intentar arrincarlles cabelos. A posta é de tres a cinco ovos. O período de incubación, tempo de emplumado e detalles dos coidados parentais non se coñecen.
Vocalizacións A súa chamada é un "líquido uiit-uiit-uiit" e ten unha "canción melodiosa".
Conservación A IUCN avaliou a este paxaro como en situación "pouco preocupante". Ten unha área de distribución limitada; o seu tamaño de poboación non se coñece e crese que está decrecendo. Non se identificaron ameazas inmediatas para el. Considérase común nas illas. A maioría das elevacións medias ou baixas das illas que prefire están dentro do Parque Nacional de Galápagos, así que "parece probable que os efectos humanos sobre esta especie virían máis probablemente da depredación [dos individuos] ou predación dos niños por ratas e gatos introducidos, ou por perdas por parasitismo ou doenzas".
Galería
Notas
Categoría:Paseriformes Categoría:Animais descritos en 1838 Categoría:Taxons descritos por John Gould