Marco Popilio Lenas ou Lenate (en latín, Marcus Popillius M. f. P. n. Laenas) foi un político e militar da República romana. Pertencía á gens Popilia e e foi elixido cónsul no 139 a. C. con Cneo Calpurnio Pisón.Smith (1870), p. 1364Smith (1870), p. 374

Traxectoria

Familia O seu pai, Marco Popillius Lenas, foi cónsul en 173 a.C. Tivo polo menos un fillo, Marco Popiilio Lenas, que probablemente ocupaou postos de mando en Asia.Szramkiewicz (1972), p. 180

Cursus honorum No ano 154 a. C., Lenas foi enviado como embaixador a Liguria para investigar as acusacións dos residentes da cidade aliada de Masalia contra os ligures de depredacións e incursións.Polibio (Historia, XXXVIII, 12) No ano 146 a. C., como parte dunha embaixada a Corinto, Lenas foi golpeado por unha multitude sediciosa. Isto levou a Lucio Mumio a saquear a cidade e destruíla, máis tarde ese mesmo ano na Guerra Aquea.Diodoro Sículo (Bibliothēkē historikē, 33,19)

Foi pretor no 142 a. C.Broughton (1951), p. 475 e, posteriormente, no ano 139 a. C. foi elixido cónsul xunto con Cneo Calpurnio Pisón como o seu colega.Broughton (1951), p. 481 Designado á provincia de Hispania Citerior permaneceu como procónsul entre 139 et 138 a. C.Szramkiewicz (1979), p. 119 Deulle o seu nome a unha porta das murallas de Cartago Nova, a Porta Popillia. Alí intentou sen éxito acabar coa insurrección liderada por Viriato, un xefe lusitano que derrotara ao seu predecesor consular.Dión Casio (XXII, 75, 1) Ordenou a rendición da cidade de Numancia, mais os numantinos, enfurecidos, enviaron unha delegación a Roma esixindo o cumprimento do tratado ratificado polo cónsul Quinto Pompeio Aulo. O Senado decidiu continuar a guerra e Lenas comezou un asedio á cidade, pero foi derrotado, sufrindo perdas considerables. Pouco despois, o exército de Lenas reforzou o do procónsul Quinto Servilio Cepión, gobernador da Lusitania.

No 137 a.C. foi substituído por Caio Hostilio Mancino na Citerior e, despois diso, non se sabe nada máis del. A súa presenza está testemuñada en Grecia, onde foi honrado nunha inscrición atopada en Magnesia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Lista de cónsules romanos na República

Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Nados no século -II Categoría:Procónsules Categoría:Gens Popilia