Sergio Molina Beloquí, nado en Madrid o 18 de febreiro de 1996, é un futbolista español que xoga como centrocampista central no Andorra, da Segunda División.
Traxectoria Nado en Madrid, comezou a xogar ao fútbol no Alcobendas, pasando aos nove anos ás categorías inferiores do Real Madrid. O 4 de agosto de 2015 asinou un contrato de tres anos co Stoke City, da Premier League, sendo destinado inicialmente ao equipo sub-21. Xogou tamén co conxunto sub-23 na Premier League 2 e no EFL Trophy.
En xaneiro de 2017 regresou ao seu país, fichando polo Albacete Balompié, da Segunda División B. Debutou co club o 12 de febreiro, substituíndo a Héctor Hernández contra o Amorebieta, e xogou dous partidos máis nos que o seu club conseguiu o ascenso a Segunda División.
Nas tempadas 2017/18 e 2018/19 foi cedido ao Navalcarnero e ao Salamanca, fichando definitivamente por este último en outubro de 2019.
O 22 de xuño de 2021 fichou polo Andorra, da Primeira División RFEF, e pechou a súa primeira tempada no club con dous goles en 37 partidos, e co ascenso á Segunda División.
Notas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Salamanca CF UDS Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Xogadores do Stoke City FC Categoría:Xogadores do Real Madrid CF