Eva López Tarrío, nada en Vigo en 1972, é unha artista e profesora galega.
Traxectoria Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca en 1995, e doutora en Belas Artes pola mesma universidade en 2010 coa tese La Isla de Esculturas de Pontevedra: un modelo integrado de arte y naturaleza.Tese. Gredos.usal.es. Profesora de Educación Secundaria, foi profesora no Colexio Hijas de Jesús de Vigo (1998-2000), e como funcionaria, no CEIP Celso Emilio Ferreiro de Vigo (2000-01), IES Montecastelo de Burela (2001-03), IES Indalecio Pérez Tizón de Tui e IES Valadares de Vigo (2008-23), do que foi directora. É catedrática de Educación Secundaria.
Coordinou a Illa das Esculturas (1998-1999), a exposición "A imaxe e o laberinto" (1998) e foi responsable de actividades e exposicións da Fundación Laxeiro (1999-2000).As "imprecisións" no "currículo" da elixida pola Xunta para dirixir o CGAC que o conselleiro ve "extraordinario". Nós Diario. En maio de 2026 foi nomeada pola Xunta de Galicia directora do Centro Galego de Arte Contemporánea,A Xunta nomeará directora do Centro Galego de Arte Contemporánea a Eva López Tarrío. Xunta.gal. designación que recibiu moitas críticas do sector.A Xunta desoe as críticas do sector e escolle Eva López Tarrío como nova directora do CGAC. Nós Diario.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas web da artista ¿Quién es Eva López Tarrío, la nueva directora del CGAC? Entrevista - Eva López Tarrio Ficha en Mujeres en las Artes Visuales
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Presidentes do Centro Galego de Arte Contemporánea