Johann Gottlob Theaenus Schneider (nado o 18 de xaneiro de 1750 – finado o 12 de xaneiro de 1822) foi un naturalista e estudoso dos clásicos grecolatinos do Imperio Alemán.
Biografía
Schneider naceu en Collm, Saxonia. En 1774, por recomendación de Christian Gottlob Heine, converteuse en secretario do famoso académico de Estrasburgo Richard François Brunck, e en 1811, foi proesor de linguas antigas e elocuencia en Breslau (bibliotecario xefe, 1816), onde morreu en 1822.
Traballos
Entre as súas numerosas obras a máis importante foi Kritisches griechisch-deutsches Handwörterbuch (1797–1798), a primeira obra independente da súa clase desde o Thesaurus de Stephanus, a base dos léxicos gregos de F. Passow e todos os léxicos que o sucederon (incluíndo, por tanto, estándares contemporáneos como A Greek-English Lexicon). Unha mellora especialmente importante foi a introdución de palabras e expresións relacionadas coa historia natural e a ciencia.
En 1801 corrixiu, ampliou e republicou o Systema Ichthyologiae iconibus cx illustratum de Marcus Elieser Bloch, un famoso catálogo de peixes con fermosas ilusracións que se cita (como Bloch e Schneider, 1801) como autoridade taxonómica de moitas especies de peixes.
Os escritos científicos dos autores antigos atraían especialmente o seu interese. Publicou edicións de Claudio Eliano, De natura animalium; Nicandro, Alexipharmaca e Theriaca; os Scriptores rei rusticae; Aristóteles, Historia animalium e Politica; Epicuro, Physica e Meteorologica; Teofrasto, Historia plantarum, Eclogae physicae; Opiano, Halieutica e Cynegetica; as obras completas de Xenofonte de Atenas e Vitruvio; a Argonautica do denominado Orpheus (polo cal Ruhnken alcuñouno como "Orpheomastix"); un ensaio da vida e escritos de Píndaro e unha colección dos seus fragmentos. A súa obra Eclogae physicae é unha selección de extractos de diversas extensións de escritores latinos e gregos sobre temas científicos, que contén o texto orixinal e un comentario, con ensaios de historia natural e ciencia da época antiga.
Legado Schneider é lembrado no nome científico dunha especie de lagarto, Eumeces schneiderii.Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. . ("Schneider, J.G.T.", p. 237).
Lista de obras Handwörterbuch der griechischen Sprache. Vogel, Leipzig 1828. Griechisch-deutsches Wörterbuch. Hahn, Leipzig 1819. Kritisches griechisch-deutsches Wörterbuch. Frommann, Jena, Leipzig 1805/06. Eclogae physicae, ex scriptoribus praecipue Graecis excerptae. Frommann, Jena, Leipzig 1800. Historiae amphibiorum naturalis et literariae. Frommann, Jena 1799–1801. Kritisches griechisch-deutsches Handwörterbuch. Frommann, Jena, Züllichau 1797. Amphibiorum physiologiae specimen. Apitz, Frankfurt (Oder) 1790–97. Ad reliqua librorum Friderici II. et Alberti Magni capita commentarii ... Müller, Leipzig 1789. Zweyter Beytrag zur Naturgeschichte der Schildkröten. Müller, Leipzig 1789. Erster Beytrag zur Naturgeschichte der Schildkröten. Müller, Leipzig 1787. Sammlung vermischter Abhandlungen zur Aufklärung der Zoologie und der Handlungsgeschichte. Unger, Berlin 1784. Allgemeine Naturgeschichte der Schildkröten. Müller, Leipzig 1783. Ichthyologiae veterum specimina. Winter, Frankfurt (Oder) 1780. Synonymia piscium Graeca et Latina emendata, aucta atque illustrata 1789 Anmerkungen über den Anakreon. Crusius, Leipzig 1770.
Notas
Véxase tamén Bibligrafía Esta obra á súa vez cita: F. Passow, Opuscula academica (1835); C. Bursian, Geschichte der classischen Philologie in Deutschland (1883).
Categoría:Nados en 1750 Categoría:Finados en 1822 Categoría:Entomólogos de Alemaña Categoría:Herpetólogos de Alemaña Categoría:Ictiólogos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Lexicógrafos