Jean-François Simon, nado en París en 1654 e finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1719, foi un erudito numismático e bibliotecario francés, director do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Jean-François Simon naceu en París a finais de 1654,"Simon, Jean-François". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr)."Simon (Jean-François)". Chateau de Versailles (chateauversailles-recherche-ressources.fr). fillo de Jean Simon cirurxián desa cidade.Gros de Boze, C. (1740). Páxina 159.

Cursou os seus estudos entre o Collége de Navarre e o Collége de Plessis, ambos pertencentes á antiga Universidade de París, onde se formou en Humanidades, Filosofía e Teoloxía, e finalmente acadou o doutoramento en Dereito Canónico.Gros de Boze, C. (1740). Páxina 160.

Traxectoria profesional No ámbito profesional, en 1684, incorporouse ao persoal ao servizo de Michel Le Peletier de Souzy na Oficina de Facenda de Luís XIV, e en 1691 converteuse en interventor da Comisión de Fortificacións, e como tal foi o responsable non só de interpretar os lemas e as inscricións destes monumentos, senón tamén de establecer os novos que se disporían sobre as portas das novas cidadelas, tanto en Francia como nas colonias.Gros de Boze, C. (1740). Páxinas 160-163.

En 1701, Simon foi nomeado secretario do Gabinete de Medallas da Biblioteca Real, como asistente do daquela director Marc-Antoine Oudinet. De 1712 a 1718, exerceu como secretario principal encargado da Biblioteca do Rei e como responsable do Gabinete de Medallas.Gros de Boze, C. (1740). Páxinas 167-168.Sarmant, T. (1994).

Foi elixido membro da Académie des inscriptions et belles-lettres en 1705."Membres. Académiciens depuis 1663". Académie des inscriptions et belles-lettres (AIBL.fr).Gros de Boze, C. (1740). Páxina 164.

Jean-François Simon finou o 10 de decembro de 1719, como consecuencia da infección causada por unha ferida provocada por unha sonda que se lle introducira para determinar se padecía cálculos renais.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Gros de Boze, C. (1740). "Éloge de M. Simon". En Histoire de l'Académie royale des inscriptions et belles-lettres depuis son établissement, avec les éloges des académiciens morts depuis son renouvellement. Tomo II. París. Páxinas 159-171. Sarmant, T. (1994). "Simon: les années sombres. 1712-1719". En Le Cabinet des médailles de la Bibliothèque nationale, 1661-1848. École des chartes, París. Páxinas 74-90. ISBN 978-2-900791-09-7

Categoría:Nados en 1654 Categoría:Finados en 1719 Categoría:Nados en París Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Bibliófilos Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Directores de museos Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Personalidades sen imaxes