Pierre de Carcavi, nado en Lión en 1600 ou 1603 e finado en París en abril de 1684, foi un matemático, bibliotecario e numismático francés, secretario da Biblioteca Real e responsable do Gabinete de Medallas do Rei Luís XIV.

Traxectoria Pierre de Carcavi naceu en Lión cara a 1600,"Carcavi, Pierre de". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr). fillo de Françoise Sablé e do banqueiro Jean de Carcavi, receptor xeral de impostos de Languedoc, Güiena e Lión.O'Connor, J. J.; Robertson, E. F. "Pierre de Carcavi". En MacTutor. Universidade de St Andrews."Carcavi (Pierre de)". Chateauversailles-recherche-ressources.fr

Malia descoñecerse que cursase estudos superiores, suponse que estudou Dereito, xa que serviu como conselleiro no Parlamento de Tolosa de 1632 a 1636,"Pierre de Carcavi, commis à la garde de la Bibliothèque et du Cabinet des médailles du roi, 1666-1683". En Les intendants et gardes du Cabinet des médailles des origines à 1753. Biblioteca Nacional de Francia. 2007. Páxinas 5-6. un período no que coñeceu o tamén conselleiro e insigne matemático Pierre de Fermat, con quen estableceu amizade.

Entre 1636 e 1648, Carcavi converteuse en membro do Gran Consello de París, para o que precisou da axuda económica do seu pai, mais doce anos despois viuse obrigado a vender os dereitos dese cargo para saldar as débedas familiares, logo da creba económica daquel. Tras vender o seu cargo, entrou ao servizo de Roger du Plessis-Liancourt, duque de La Roche-Guyon, con quen ficou case quince anos. Nesa época foi un recoñecido comerciante de libros antigos e raros en París.

En 1648 viaxou a Italia. Serviu como espía en Ragusa, e despois en Roma e Nápoles, onde presenciou a desafortunada expedición italiana do duque Henrique de Guisa.

Logo do pasamento de Marin Mersenne en 1648, entregoulle a Descartes a súa correspondencia co Padre Minime e ao ano seguinte informou o filósofo da publicación por Pascal dos seus experimentos sobre o baleiro e das obxeccións de Gilles de Roberval respecto da súa Géométrie. Logo disto, tivo un enfrontamento con Descartes ao se aliñar con Roberval.

En 1650, recibiu de Fermat o manuscrito Novus secundarum et ulterioris radicum in analyticis usus, que non conseguiu publicar malia os seus esforzos. En 1658, el e Roberval foron os xuíces escollidos por Pascal para as cuestións de Dettonville sobre a cicloide, e recibiu del unha das súas incipientes máquinas calculadoras, coñecidas como "pascalinas".

En 1663, por recomendación de Amable de Bourzeis, converteuse no bibliotecario do ministro Colbert, e en 1667 pasou a ser pensionista real, encargado da biblioteca do rei, por recomendación do propio Colbert, un cargo que desempeñou ata a morte do seu mecenas en 1683. Durante a súa dirección, organizou e mandou copiar a inmensa colección das memorias do cardeal Jules Mazarin, compostas por 55 volumes.

En 1666 ingresou na Academia de Ciencias de Francia, en condición de membro asociado na súa sección de Xeometría, onde coñeceu a persoeiros como Christian Huygens, Gilles de Roberval, Adrien Auzout, Jean Picard e Jean Gallois. Nesta institución dirixiu a súa atención á cartografía. Tras a morte de Fermat, converteuse no custodio dos seus escritos.

De 1666 a 1683, exerceu o cargo de secretario encargado da Biblioteca Real e da Colección de Medallas do Rei. Cara ao final da súa vida, foi sospeitoso para Le Tellier de Louvois de subtraer algúns obxectos das coleccións numismáticas da Biblioteca Real e foi acusado de vender libros duplicados, aínda que foi exonerado das acusacións e posteriormente substituído no cargo por Pierre Rainssant.

É destacable a súa correspondencia con Fermat, así como con Blaise Pascal, Christian Huygens, Galileo, Mersenne, Torricelli e Descartes.

Vida persoal Pierre de Carcavi casou en 1638 con Louise de Chaponay, dunha familia influínte de Lión, en contra dos desexos dos pais dela. Deste matrimonio naceu un fillo, que se converteu no abade Charles-Alexandre de Carcavi (finado en 1723).

Pierre de Carcavi finou en París en abril de 1684.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

"Pierre de Carcavi, commis à la garde de la Bibliothèque et du Cabinet des médailles du roi, 1666-1683". En Les intendants et gardes du Cabinet des médailles des origines à 1753. Biblioteca Nacional de Francia. 2007. Páxinas 5-6. Henry, C. (1884). Pierre de Carcavy, intermédiaire de Fermat, de Pascal et de Huygens, bibliothécaire de Colbert et du roi, directeur de l'Académie des sciences. Imprimerie des sciences mathématiques et phisiques, Roma. Michaud, L. G. (1865). "Carcavi (Pierre de)". En Biographie universelle ancienne et moderne : histoire par ordre alphabétique de la vie publique et privée de tous les hommes avec la collaboration de plus de 300 savants et littérateurs français ou étrangers. 2ª ed. Vol. 7. Páxina 120. Sarmant, T. (1994). Le Cabinet des médailles de la Bibliothèque nationale, 1661-1848. École des chartes, París. Páxinas 34-46. ISBN 978-2-900791-09-7

Categoría:Nados en 1600 Categoría:Finados en 1684 Categoría:Nados en Lión Categoría:Matemáticos de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Directores de museos Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia