miniatura|Loreen, gañadora do Festival de Eurovisión 2023 coa canción «Tattoo». A LXVII edición do Festival de Eurovisión celebrouse do 9 ao 13 de maio de 2023 na cidade de Liverpool, no Reino Unido. Tras a vitoria de Ucraína na edición de 2022 en Turín, Italia, coa canción «Stefania», do grupo Kalush Orchestra, esta edición debería terse celebrado, segundo a tradición, no país gañador da edición anterior. Porén, isto non foi posible por mor da invasión rusa de Ucraína. Así, o Reino Unido, segundo clasificado en 2022, asumiu as competencias de país anfitrión en representación de Ucraína.

A canción gañadora foi «Tattoo», interpretada pola representante de Suecia, Loreen. Foi a segunda vitoria da artista no certame, tras gañar tamén en 2012, polo que igualou o rexistro de Johnny Logan e converteuse na primeira muller en acadar dúas vitorias en Eurovisión. Ademais, supuxo a sétima vitoria de Suecia no festival, igualando a marca de Irlanda. Foi tamén a cuarta ocasión desde a reintrodución dos xurados profesionais xunto co televoto en 2009 —xunto coas edicións de 2015, 2016 e 2019— na que o país gañador non venceu no televoto; Finlandia gañou o voto do público, mentres que Suecia fixo o propio no xurado profesional.

Organización Sede do festival Co conflito bélico entre Rusia e Ucraína activo, complicouse a posibilidade de que Ucraína puidese exercer o seu dereito a albergar a edición seguinte, tal e como recollen as normas do festival por gañar a edición anterior. A UER publicou un comunicado a mesma noite da vitoria ucraína no que afirmaba que mantería o contacto coa emisora pública ucraína (UA:PBC) para avaliar como se desenvolverían os preparativos.

O 17 de xuño de 2022, a UER emitiu un comunicado no que informou da imposibilidade de celebrar a edición de 2023 en territorio ucraíno e de que se iniciarían conversas coa BBC para acoller Eurovisión 2023 no Reino Unido, segundo clasificado na edición anterior.

Finalmente, o 25 de xullo confirmouse que a edición de 2023 se celebraría no Reino Unido, tras as conversas entre a UER, a BBC e a UA:PBC. O Festival de Eurovisión 2023 celebraríase en territorio británico e incorporaría elementos tanto ucraínos como británicos. Ademais, Ucraína, como gañadora vixente, pasaría directamente á final xunto cos membros do Big Five (Alemaña, España, Italia, Francia e Reino Unido).

+PaísTVSituaciónReferenciaUA:PBCO presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, declarou tras a vitoria de Ucraína que desexaba que a seguinte edición do festival se celebrase na cidade de Mariúpol, seriamente afectada polo conflito bélico. Tamén a cidade de Kíiv, sede nas edicións de 2005 e 2017, amosou interese en organizar o festival.BBCO secretario de Estado de Negocios, Kwasi Kwarteng, afirmou á BBC que o Reino Unido estaría disposto a organizar o concurso de 2023 se xurdise a necesidade. Baralláronse o OVO Hydro de Glasgow e o M&S Bank Arena de Liverpool como posibles sedes.RTVEA directora de Comunicación de RTVE, María Eizaguirre, comunicou que o ente público se ofrecera a organizar o festival de 2023 no caso de que Ucraína non puidese facelo.SVTA alcaldesa de Estocolmo, Anna König Jerlmyr, ofreceu a cidade para acoller o concurso se Ucraína non puidese facelo. Un dos posibles lugares suxeridos foi o Avicii Arena, sede do concurso en 2000 e 2016.RAIO 15 de maio de 2022, Stefano Coletta, director de Rai 1, declarou que a RAI, se Ucraína non podía acoller a edición de 2023, estaría interesada en organizar novamente o concurso en Italia. Stefano Lo Russo, alcalde de Turín, cidade anfitrioa do Festival de Eurovisión 2022, engadiu que a cidade estaba disposta a poñerse á disposición da RAI e da UER para unha posible organización se o concurso non puidese celebrarse en Ucraína.AVROTROSMarnix Kaart, director da edición de 2021, amosara interese en que Róterdam volvese ser sede do festival no caso de que Ucraína non puidese realizalo.TVPO presidente anunciara que TVP estaba disposta a axudar a Ucraína na organización, aínda que antes debería tratarse co goberno polaco antes de asumir calquera compromiso.SRG SSRNunha entrevista co xefe da delegación suíza, Yves Schifferle, este non descartou que o país puidese organizar o evento se Ucraína non estivese preparada para facelo.VRT / RTBFA Unión Europea suxerira Bruxelas como sede para organizar o festival de 2023, xa que a cidade só fora sede en 1987. Para iso propúxose o Paleis 12, con capacidade para 15 000 espectadores.RÚVO director de programas da RÚV expresara que a Unión Europea de Radiodifusión manifestaba de maneira repetida o seu apoio, confianza e fe nas nacións competidoras máis pequenas. As condicións para optar a ser sede foran examinadas a fondo. O lugar proposto foi o Egilshöll de Reiquiavik, con capacidade para 18 000 espectadores.

Candidaturas oficiais A continuación móstrase unha listaxe de todas as cidades que se proclamaron candidatas a albergar o festival, incluídas as sete cidades finalistas segundo o comunicado da BBC. O 27 de setembro de 2022 anunciáronse as dúas cidades finalistas, Glasgow e Liverpool. Finalmente, o venres 7 de outubro de 2022 anunciouse que Liverpool e o M&S Bank Arena serían a sede do festival.

Cidade sede Cidade finalista Cidade eliminada na primeira fase Cidade eliminada na segunda fase Cidade Recinto Capacidade Notas Ref.AberdeenP&J Live 15.000BelfastSSE Arena 11.058Birmingham Resorts World Arena 15.685 Foi sede de Eurovisión 1998 e dos Xogos da Commonwealth de 2022. Neste recinto tamén se celebra anualmente o Gran Premio en pista cuberta de Birmingham.BrightonNon detalladoRetirou a súa candidatura o 11 de agosto de 2022 alegando a falta dunha infraestrutura axeitada.BrístolBrabazon Hangar17.000O recinto estaba en construción.CardiffPrincipality Stadium73.931Retirou a súa candidatura o 3 de agosto de 2022 alegando a indispoñibilidade do recinto proposto.DarlingtonDarlington Arena25.500A proposta dependía da construción dunha cuberta para cubrir o estadio.DerryNon detalladoRetirou a súa candidatura o 8 de agosto de 2022 alegando a falta dunha infraestrutura axeitada.EdimburgoNon detalladoApoiada polo Concello de Edimburgo.GlasgowOVO Hydro14.300Proposta apoiada polo Concello de Glasgow. Este recinto foi a sede dos MTV Europe Music Awards 2014 e nel gravouse a película Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga.LeedsFirst Direct Arena13.781Apoiada polo Concello de Leeds. Foi sede da Premier League de dardos de 2014 e 2015.LiverpoolM&S Bank Arena11.000Apoiada polo Concello de Liverpool e pola Autoridade Combinada da Rexión Urbana de Liverpool.LondresNon detalladoMánchesterAO Arena21.000Apoiada polo Concello de Mánchester. Foi sede dos Xogos da Commonwealth de 2002 e do Campionato Mundial de Taekwondo de 2019.NewcastleUtilita Arena11.400Apoiada polo Concello de Newcastle.NottinghamMotorpoint Arena15.865Retirou a súa candidatura o 9 de agosto de 2022 alegando que a infraestrutura proposta non podía cumprir cos requisitos da UER.PrudhoeNon detalladoSheffieldUtilita Arena13.600Apoiada polo Concello de Sheffield e pola Autoridade Combinada da Alcaldía de Yorkshire do Sur.SunderlandStadium of Light60.000Retirou a súa candidatura o 10 de agosto de 2022 alegando a indispoñibilidade do recinto proposto.WolverhamptonNon detallado

Datas O 7 de outubro de 2022, no mesmo anuncio no que se confirmou que Liverpool sería a cidade sede, reveláronse as datas das semifinais, fixadas para o 9 e o 11 de maio de 2023, e a da final, que sería o 13 de maio.

Identidade visual O 7 de outubro de 2022, xunto co anuncio da cidade anfitrioa, a UER revelou o logotipo xenérico para o certame de 2023. O corazón de Eurovisión, que normalmente ten a bandeira do país anfitrión no centro, contén a bandeira ucraína este ano para reflectir a vitoria do país o ano anterior. O texto «Song Contest» está acompañado por «United Kingdom» e, máis abaixo, por «Liverpool 2023».

O tema artístico e o lema do concurso, «United by Music» («Unidos pola música»), déronse a coñecer o 31 de xaneiro de 2023. O tema, deseñado pola consultora de marca con sede en Londres Superunion e pola produtora ucraína Starlight Media, construíuse arredor dunha cadea de corazóns bidimensionais que se asemellan a un electrocardiograma, representando a resposta ao ritmo e ao son. As cores inspiráronse nas bandeiras ucraína e británica, mentres que a tipografía, Penny Lane, se inspirou nos letreiros das rúas de Liverpool do século XX e no patrimonio musical da cidade.

Deseño do escenario O deseño do escenario para o certame de 2023 revelouse o 2 de febreiro de 2023. Deseñado polo escenógrafo Julio Himede, con sede en Nova York, o escenario baseouse «nos principios de unión, celebración e comunidade», inspirándose nun amplo abrazo e nos «aspectos culturais e semellanzas entre Ucraína, o Reino Unido e, especificamente, Liverpool». O escenario tiña 450 metros cadrados, con 220 metros cadrados de pantallas LED xiratorias independentes, máis de 700 paneis LED e máis de 1500 metros de luces LED.

Cambio no sistema de votación O 22 de novembro de 2022, a organización do festival anunciou un cambio no sistema de votación. A partir desta edición, nas semifinais contaría unicamente o voto do público. Na final mantívose o voto dos xurados de cada país xunto co voto do público. Ademais, tanto nas semifinais como na final puido votar por Internet o público de todo o mundo, e o voto dos países non participantes contabilizouse de maneira agrupada coma se fose un país máis. Isto fixo que o peso do voto do público na final fose do 50,6 %.

Países participantes

Estes son os países que confirmaron a súa participación na edición de 2023 e algúns dos procesos de selección de artista e canción.

Cancións e selección