Iván Alejo Peralta, nado en Valladolid o 10 de febreiro de 1995, é un futbolista español que xoga como extremo no Real Valladolid, da Segunda División.
Traxectoria Nado en Valladolid, formouse nas canteiras do Real Valladolid e do Atlético de Madrid. Despois de pasar polo equipo C da Terceira División, en xuño de 2014 subiu ao Atlético Madrileño, da Segunda B, co que acabou perdendo a categoría. A continuación asinou un contrato de tres anos con outro filial, o Villarreal B, tamén de Segunda B, e entre 2016 e 2017 militou no Alcorcón, en Segunda División.
O 14 de xuño de 2017, despois de axudar o equipo madrileño a evitar o descenso, asinou un contrato de catro anos co Eibar, da Primeira División. Debutou na máxima categoría o 21 de agosto de 2017, substituíndo ao goleador Charles nunha vitoria por 1-0 contra o Málaga. Nos seguintes anos xogou no Getafe, o Cádiz e o APOEL, antes de fichar en 2025 polo Valladolid.
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid C Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do APOEL FC Categoría:Xogadores do Real Valladolid