O Incio é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 1797 habitantes (2236 no 2006, 2297 no 2005, 2358 no 2004, 2406 no 2003). O xentilicio é ou .
Xeografía Ten unha superficie de 146,09 km². Limita ao norte con Sarria e Samos, ao sur con Bóveda e A Pobra do Brollón, ao leste con Samos e ao oeste con Paradela e Bóveda.
No concello do Incio está o encoro de Vilasouto, que subministra auga a toda a zona do Val de Lemos.
Montes: Monte da Serna, Serra do Endrano, Monte de Grámea, Óutara, Pena Redonda, Monte da Pelada, Monte das Carballas, Alto de Balbón, As Forcadas, Alto de Santa Bárbara, Alto da Lama, Monte Matanza, Monte das Cozas, Modorriñas (1.162 m) e Monte das Pías (1.131 m). Ríos: Cabe, Mao, Antiga, Cereixido, Carballedo, Teimoi, Castro, Penalva, Riveira, Boqueira e Oporto. Regatos: Vado, Fontán, Cebedozo, Regato da Ribeira (nace na fonte de Penedo Grande, preto do Foxo dos Lobos, na ladeira norte do Alto de Santa Barbara), San Miguel,Trasadehesa, Lameiro, Anduriñas, Pozo Verde, Chao de Pías, Pena Maior, Geda, Muiña, Rivado, Freixeiro e Nogueirido. Precipitacións: 1.000 mm./anuais (zona occidental) e 1.400 mm./anuais (zona oriental). Temperatura media anual: 12 °C (zona occidental) e 9 °C (zona oriental).
Demografía
Censo total 1797 (2014) Menores de 15 anos 82 (4,56 %) Entre 15 e 64 anos 896 (49,86 %) Maiores de 65 anos 819 (45,57 %)
Cultura Toponimia O Incio procede da forma medieval Onitio, rexistrada dende o século IX.
Patrimonio Patrimonio arqueolóxico Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.
Hai petróglifos e castros en Goo, Santa Cristina do Viso, A Cruz do Incio, Trascastro e Vilasouto.
Toldaos en Santa María de Rendar A Medorra do Castro en Mao Castros de Lebon e O Castro (Reboiro) Castro de Belesar (Vilasouto) Pedra de San Mamede e Pena Escrita (Trascastro) Pena da Escrita (Rendar) Agro do Pepe, Penedo da Ferradura (Vilasouto) Castro de Santa Icía (Pacios)
Da idade media destaca a igrexa de San Pedro Fiz, templo parroquial do Hospital, de arquitectura románica. Patrimonio culturual Prensa En 1931 editábase no Incio o semanario Siembra. Etnografía Festas e celebracións San Eufrasio, romaría que se celebra na parroquia de Santa María do Mao o 15 de maio, na honra de santo Eufrasio que foi un bispo de Xaén que se adicou a evanxelizar Hispania e que morreu como mártir. Segundo a tradición os seus restos foron trasladados a Mao por mor da invasión musulmá no ano 716. Hoxe en día son moitos os devotos que acoden o 15 de maio a pedirlle favores ao santo. Santa Lucía, na Cervela. San Xoán, celébrase o 24 de xuño en Sirgueiros.
Deporte O Incio conta cun equipo de fútbol, chamado O Incio Terra Brava Club de Fútbol, que milita na Segunda Galicia e que xoga os seus partidos como local no campo do Carboeiro. Anteriormente o concello xa contara con equipo de fútbol, o CD O Incio, que existiu entre 1995 e 2003 e que competiu tamén na tempada 2004-05.
Galería de imaxes
Lugares do Incio Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Incio vexa: Lugares do Incio.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Categoría:O Incio Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía