Chan da Armada é unha mámoa situada na parroquia de San Tomé de Piñeiro, no concello de Marín. Está datado arredor do 3000 a. C..

Descrición O túmulo mide uns 10 m de diámetro. Contén unha cámara funeraria poligonal duns 4,2 x 2,7 m, composta por nove ortóstatos. Está precedida por un corredor orientado ao leste, delimitado por outros tres ortóstatos a cada lado, de aproximadamente 2,3 m. O corredor vaise estreitando cara á entrada, que ten só 0,5 m de largo. Non conserva a lousa de cuberta. Foi escavado por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza en 1957 e por Antonio de la Peña e Antonio Rodríguez Casal en 1975. Durante as escavacións atopáronse catorce puntas de frecha, dúas follas de sílex, dúas machadas, catro bólas de pedra e arxila, un percusor e varios fragmentos de cerámica e anacos de ocre. Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de megálitos de Galicia Ligazóns externas

Categoría:Dolmens de Galicia Categoría:Marín