Julio Alonso Comesaña, nado en Mosende (O Porriño) cara a 1913 e finado en Redondela o 5 de setembro de 1936, foi un labrego e político galego.
Traxectoria Fillo de Cándido Alonso e Cándida Comesaña. Veciño de Xinzo (Ponteareas). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Redondela. O seu cadáver apareceu nunha canteira no Atallo da Concheira (Reboreda), o 5 de setembro. A súa morte foi rexistrada en Redondela a causa de feridas producidas por arma de fogo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1913
Categoría:Finados en 1936