dereita|miniatura|Sepulcro de Tevfik Esenç.

Tevfik Esenç, nado en Hacıosman (provincia de Balıkesir) en 1906 e finado na mesma vila o 7 de outubro de 1992, foi un funcionario turco, o último falante coñecido da lingua ubikh.

Traxectoria

Esenç foi criado durante un tempo polos seus avós, falantes de lingua ubikh, en Hacıosman, Turquía. Serviu unha lexislatura como muhtar ou alcalde antes de recibir un posto como funcionario en Istanbul. Alí tivo a oportunidade de coñecer o lingüista francés Georges Dumézil, co que realizou un gran traballo para poder conservar a súa lingua. Dotado dunha excelente memoria e comprendendo enseguida as intencións de Dumézil e outros lingüistas que o visitaban, foi a fonte principal de datos e información non só da lingua ubikh senón tamén da súa mitoloxía, cultura e costumes. Non só falaba ubikh, tamén turco e o dialecto hakuchi da lingua adiguea, o que permitiu algún traballo comparativo entre as dúas linguas.

Esenç morreu en 1992. A inscrición que quixo que aparecese na súa tumba como epitafio foi a seguinte:

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ayşe Sumru Özsoy

Categoría:Últimos falantes Categoría:Linguas caucásicas noroccidentais Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Nados en Turquía