O xeso é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é CaSO4·2H2O (sulfato de calcio dihidratado).
Aspecto
O xeso preséntase en forma de cristais tabulares e prismáticos.
Variedades do xeso
Segundo sexa o seu aspecto externo o xeso pódese dividir en diferentes variedades:
Alabastro, de crecemento granulado e múltiples cores. Selenita, translúcido.
Existen outros grupos menos importantes como o xeso fibroso (composto por fibras de xeso entrelazadas unhas coas outras), o xeso en frecha (crecemento de xeso maclado que recorda a forma dunha frecha) e o xeso espumoso (crecemento en escamas).
Lugares onde se atopa É frecuente atopalo en depósitos sedimentarios asociado a rochas calcarias ou arxilas. Tamén pode aparecer polo efecto da hidratación da anhidrita.
Outros sulfatos
A anhidrita é outro mineral importante da clase dos sulfatos. moi similar á escaiola.
O xeso como material de construción
miniatura|280px|Mostra de xeso moído O termo xeso tamén pode referirse ao produto industrial parecido á escaiola, preparado basicamente a partir da pedra de xeso natural, mediante a súa deshidratación, con ou sen adicións para modificar as súas propiedades intrínsecas, como é o fraguado, resistencia, adherencia, retención de auga e densidade, que unha vez elaborados, amásase con auga e pode ser empregado directamente. Tamén se emprega para a elaboracións de materiais prefabricados.
O xeso como produto industrial é sulfato de calcio semihidratado (CaSO4-½H2O), e comercialízase moído, en forma de po.
Notas
Categoría:Materiais de construción Categoría:Minerais