Xenadio de Astorga, ou popularmente San Xenadio, nado no Bierzo c. 865, e finado en Peñalba de Santiago, contra 936, foi un relixioso beneditino, eremita, bispo da diocese de Astorga entre 899 e 920 e fundador de varios mosteiros no Bierzo.

Traxectoria esquerda|miniatura|Cova de San Xenadio, situada no Val do Silencio. esquerda|miniatura|Mosteiro de San Pedro de Montes, restaurado a finais do século IX por San Xenadio. Mencionado por algúns autores como sobriño de Ordoño I ou como fillo de Afonso III e Ximena Garcés,Artemio Manuel Martínez Tejera: San Genadio: cenobita, obispo de Astorga y anacoreta, citando a Ibn Idari e a Augusto Quintana Prieto. foi un cenobita seguidor de san Froitoso e san Valerio. Nos seus comezos formouse no Mosteiro de Ageo (Ayoó de Vidriales) baixo a tutela do seu abade Arandiselo, e foi alí onde coñeceu a obra destes santos. Posteriormente, contra 895, decidiu restaurar o mosteiro beneditino de San Pedro de Montes, situado nos Montes Aquilianos, no que tamén residiran san Froiyoso e san Valerio.

Tras a súa restauración, en 898 o bispo de Astorga Ranulfo nomeouno abade do mosteiro. En 899, a instancias de Afonso III, sucedeu a Ranulfo á fronte da diocese «máis ben por obediencia ao príncipe que por propia vontade, aínda que nin case corporalmente vivía alí».Testamento de San Xenadio reproducido por Pedro Rodríguez López en Episcopologio asturicense, vol. II, pp. 469-479. Contra o ano 919P. Rodríguez: op. cit., tomo II, pp. 33-48. ou 920,Enrique Flórez: España sagrada, vol. XVI, pp. 129-147. Xenadio renunciou ao bispado, sucedéndoo Fortis.Antonio de Yepes: Crónica General de San Benito, a. 898, menciona su renuncia en 912, en lo que Flórez y Rodríguez consideran un error. Despois retirouse de novo ao val do Silencio —onde se atopa a cova de San Xenadio— a continuar o seu ascetismo até a súa morte, acontecida cara a 936 probablemente en Peñalba de Santiago.Antonio Berjón: Nuevo lucífero para la historia de la diócesis de Astorga, pp. 47-60.

Estivo sepultado neste mosteiro ata que en 1603 a duquesa de Alba María de Toledo, viúva de Fadrique Álvarez de Toledo, exhumou os seus restos sen autorización para levalos ao convento de dominicas de Vilafranca;El santo asalto de la Duquesa de Alba en 1603, reproducido por Fidel Fita. a súa cabeza, reclamada polo cabido de Astorga, foi entregada á catedral en 1621,Pleito que sostuvo el Excmo. Cabildo Catedral de Astorga reclamando varias reliquias, (1621). mentres que o seu corpo foi trasladado ao Mosteiro da Nosa Señora da Laura de Valladolid, que derrubado na década de 1980 ocupaba o lugar onde hoxe está o Hospital Campo Grande.

Legado San Xenadio converteuse nunha das figuras máis importantes na denominada arte mozárabe ou arte de repoboación, pois na zona do Bierzo foi o impulsor da restauración de San Pedro de Montes e Santa Leocadia de Castañeda e da fundación de Santiago de Peñalba, Santo Tomás, San Pedro e San Pablo de Castañeda e San Andrés de Montes, aos que legou unha nutrida biblioteca que todos eles debían compartir.

Aclamado como santo pouco despois da súa morte, as covas onde supostamente se retirou foron obxecto de veneración polos fieis católicos, que adoitaban peregrinar a elas en romaría e a recoller terra do seu solo, que supuñan curativo das febres.Pascual Madoz: Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España, tomo VII, p. 269. A súa festividade celebrábase o 25 de maioMiguel Salvá, Pedro Sainz de Baranda: Calendario español, en CODOIN, XXII, p. 346 (1853).Joaquín Lorenzo Villanueva: Año christiano de España, tomo V, pp. 444-450. ata que na reforma litúrxica de 1969 foi suprimido do santoral,Calendario general y propio de España (1969). pois non foi canonizado oficialmente, aínda que continúa inscrito nese día no Martirologio Romano, como santo, aínda que permitindo o seu culto só localmente.

Recoñéceselle como o primeiro santo relacionado co xadrez, pois de Peñalba de Santiago proceden as pezas de marfil denominadas pezas ou birlos de san Xenadio, as cales se consideran as figuras de xadrez máis antigas de Europa e que pertenceron ao santo.Segundo as datas, estas serían as pezas máis vellas de Europa, independentemente de que estean datadas no mesmo período da fundación do mosteiro (ano 900); desta maneira sería lóxico que datasen de anos antes, transmitidas polos mozárabes da área musulmá-andalusí. Segundo outras fontes tales pezas corresponden a unha sorte de prácticas adiviñatorias chamadas sortes sacerdotarum e identifican ao dono de tales como o abade Salomón e non a San Xenadio. Mario Roso de Luna en Ocultismo Ibérico (1925)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Igrexa de Santiago de Peñalba Mosteiro de San Pedro de Montes Tebaida leonesa

Categoría:Nados no século IX Categoría:Finados en 936 Categoría:Beneditinos de España Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia