O neutrino muónico é unha partícula elemental que ten o símbolo e carga eléctrica nula. Xunto co muón forma a segunda xeración de leptóns, de aí o nome de neutrino muónico. Foi descuberto en 1962 por Leon Lederman, Melvin Schwartz e Jack Steinberger. O descubrimento foi recompensado co Premio Nobel de Física de 1988.

Descubrimento O neutrino muónico ou «neutretto» foi proposto como hipótese por varios físicos na década de 1940. O primeiro artigo sobre esta partícula puido ser a teoría dos dous mesóns de Shoichi Sakata e Takesi Inoue de 1942, que tamén incluía dous neutrinos.

En 1962 Leon M. Lederman, Melvin Schwartz e Jack Steinberger demostraron a existencia do neutrino muónico nun experimento realizado no Laboratorio Nacional de Brookhaven. Este logro valeulles o Premio Nobel de Física de 1988.

Anomalía aparente na velocidade

En setembro de 2011, investigadores do experimento OPERA informaron de que os neutrinos muónicos parecían viaxar máis rápido ca a velocidade da luz. Este resultado foi confirmado nun segundo experimento en novembro de 2011. A comunidade científica recibiu estes resultados con escepticismo, e realizáronse máis experimentos para investigar a anomalía. En marzo de 2012, o equipo de ICARUS publicou resultados que contradicían directamente os de OPERA.

Máis tarde, en xullo de 2012, a aparente propagación superlumínica anómala dos neutrinos foi atribuída a un compoñente defectuoso do sistema de sincronización por fibra óptica dos Laboratorios Nacionais do Gran Sasso. Unha vez corrixido o problema, os neutrinos pareceron viaxar á velocidade da luz dentro das marxes de erro do experimento. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Neutrino electrónico Oscilación de neutrinos Matriz PMNS Neutrino tau

Categoría:Neutrinos Categoría:Leptóns Categoría:Partículas elementais Categoría:Física de partículas