Francisco José García Grela, coñecido como Fran Grela, nado en Santiago de Compostela o 26 de maio de 1971, é un actor e adestrador de fútbol sala galego. Foi o delegado do club de baloncesto Obradoiro durante 14 anos.
Traxectoria Naceu no barrio compostelán de Pontepedriña, onde foi veciño de Moncho Fernández, co que trabou unha amizade dende os 14 anos. Xuntos formaron un equipo de baloncesto no barrio e trala marcha de Moncho Fernández ao Gijón Baloncesto, Grela fundou en Fontiñas un equipo de fútbol sala que chegou a reunir a 100 nenos, e que foi o xerme da canteira do Lobelle. Nesa época iniciárase xa no teatro e nos seguintes anos apareceu en varios filmes e curtametraxes, traballando especialmente co director Alber Ponte. Tamén tivo pequenos papeis en series de televisión como Rías Baixas ou Libro de familia.
En 2010, coa fichaxe de Moncho Fernández polo Obradoiro, Grela ingresou tamén no club e foi o delegado do equipo durante 14 tempadas. En 2015 foi un dos actores protagonistas do filme Little Galicia.
Filmografía
Cine
O don da dúbida (2006). Como Fran. Fútbol de alterne (2014). Little Galicia (2015). Como Carlos.
Televisión Rías Baixas (2000-2001). Libro de familia (2012). Salgadura (2013).
Notas
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1971 Categoría:Actores de Santiago de Compostela Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Adestradores de fútbol sala Categoría:Adestradores de Galicia