miniatura|O picapeixe Alcedo hercules pintado por Stuart Baker Edward Charles Stuart Baker (nado en 1864 – finado en 1944) foi un ornitólogo e oficial de policía británico. Catalogou as aves da India e publicou a segunda edición da Fauna of British India, que incluía a introdución da nomenclatura trinomial.

Vida e carreira Baker estudou no Trinity College, Stratford-upon-Avon e en 1883 seguiu ao seu pai entrando no Servizo de Policia Indio. Pasou a maior pare da súa careira na India na Policía de Assam, ascendendo ao rango de Inspector-Xeneral con mando da forza. En 1910 foi destinado á Investigación Criminal Especial. En 1911 volveu a Inglaterra e nomeárono Oficial de Policía Xefe da Policía do Porto de Londres, permanecendo nese posto ata a súa xubilación en 1925. Polos seus servizos nesta función durante a primeira guerra mundial foi nomeado oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) nos honores outorgados na guerra civil de 1920.Wartime Civilian Honours List, The Times, 31 de marzo de 1920 Despois da súa xubilación converteuse en alcalde de Croydon.

Foi xogador de tenis e cazador de caza maior. Perdeu o brazo esquerdo por un ataque de pantera en Silchar, Assam, e foi lanzado polo aire por un gauro e pisado por un rinoceronte indio en varias expedicións de caza.

Ornitoloxía miniatura|Anuncio do libro "The Indian Ducks and their Allies". Durante o seu tempo libre estudaba e coleccionaba as aves da India e escribiu libros sobre elas. Entre os seus libros está The Indian Ducks and their Allies (1908), Game Birds of India and Ceylon (1921), The Fauna of British India, Including Ceylon and Burma. Birds. (1922; oito volumes), Mishmi Man-eater (1928), The Nidification of the Birds of the Indian Empire (1932) e Cuckoo Problems (1942; o cuco foi o seu principal interese en ornitoloxía). Fixo unha colección completa de case 50.000 ovos de aves indias, parte da cal doou ao Museo de Historia Natural, onde pasou moito tempo traballando nas coleccións de ovos da India e Tailandia. A súa contribución na obra en oito volumes da serie The Fauna of British India, Including Ceylon and Burma converteuse na obra de referencia estándar sobre o tema.Warr, F. E. 1996. Manuscripts and Drawings in the ornithology and Rothschild libraries of The Natural History Museum at Tring. BOC. Parte da colección, duns 152 espécimes vendeuse a un museo privado do tsar Fernando I de Bulgaria. Tamén serviu en comités asesores do goberno sobre a protección de aves e foi desde 1913 a 1936 secretario honorario e tesoureiro da Unión de Ornitólogos Británicos.

Ademais dos espécimes de ovos e aves que coleccionaba ou recibía doutros, Baker tamén tivo unha pequena casa de feras durante o tempo en que foi destinado ao distrito de Cachar Norte. Entre os animais da súa colección había civetas, osos, cervos e aguias Spilornis cheela, falcónidos como o falcón do Amur e o Microhierax e picapaus.

Algúns dos niños e ovos da súa colección foron considerados de dubidosa proveniencia e houbo quen suxeriu que el inventou artificialmente algunhas das postas. Algúns, como Charles Vaurie, considerárono tan pouco fiable que mesmo suxeriron a destrución da súa colección de ovos.

A ave paseriforme Yuhina bakeri foi nomeada no seu honor.

Publicacións do autor As primeiras publicacións de Baker estaban enfocadas ás aves do distrito de Cachar Hill Norte onde traballaba. Tamén coleccionou ovos e publicou un catálogo deles. Tamén publicou algunhas notas sobre especies cuxa nidificación non a describira o ornitólogo Allan Octavian Hume e enviounas á revista Ibis. Tamén describiu unha nova especie, Elachura haplonota, que foi recollida para el por un cazador naga, pero esta especie fora xa descrita por Godwin-Austen e Walden co nome Pnoepyga chocolatina (e agora chámase Spelaeornis chocolatinus). A súa serie de bulbuls da rexión incluían debuxos feitos por el das aves situadas en escenas con plantas decorativas da rexión.

A obra The Birds of North Cachar

The Bulbuls of North Cachar

Nalgúns dos seus primeiros escritos sinalou erros nas claves de identificación (por exemplo nos Pericrocotus) cometidos por E.W. Oates na Fauna of British India. A isto seguiu un reexame máis coidadoso de espécimes e colleu sona de taxonomista coidadoso.

Este período de publicacións deu paso a unha importante serie sobre os patos da India. Estaba ilustrada por placas feitas por J.G. Keulemans. Isto serviu para que fose considerado un experto en aves de caza.

A obra sobre patos levouno a traballar nunha serie sobre limícolas e outras aves de caza e isto finalmente orixinou un libro de moitos volumes sobre aves de caza. Esta serie comezou en 1910 e rematou en 1934. Sobre a marcha, Baker tamén empezou a revisar unha lista das especies que se encontraban na India baseándose nas obras de Hartert sobre a rexión paleártica. Baker introduciu nomes trinomiais na súa "hand-list" (lista manual).

Hand-list of the birds of India

Ampliacións Baker continuou poñendo ao día a lista e fixo correccións e e informou de rarezas descubertas e das súas distribucións. Sinalou a existencia de cisnes pequenos e gansos de bico curto (preto de Dibrugarh).

Libros Varias obras de Baker foron revisadas e publicados como libros. A obra máis significativa foi a segunda edición da serie sobre aves de Fauna of British India. Sinalou que era un traballo en marcha e que sempre había a posibilidade de que se colase algún erro. C.B. Ticehurst, por exemplo, indicou algúns erros de impresión e outros problemas. Algúns como T.R. Livesey e Hugh Whistler opoñíanse completamente ao uso de trinomiais que facía Baker.

Baker tiña interese nos cucos e dáballe voltas a como podía ser que o debuxo dos seus ovos coincidise co dos ovos dos seus hóspedes a pesar de ser unha soa especie que parasitaba moitas especies de hóspedes con tipos de ovos moi diferentes. Pensaba que os cucos poñían os seus ovos no chan e transportábanos no bico ao niño do hóspede. Mesmo citou a Hume nunha nota sobre a caza a tiros dun cuco cun ovo no seu bico que se parecía ao ovo do seu hóspede. One of Baker's correspondent provided him a blue egg from the oviduct of a female that had been shot. Nunha nota posterior fixo a observación de que os cucos destruían un ou dous dos ovos do hóspede antes de engadir o seu propio ovo. Nos anos finais da súa vida Baker adquiriu un renovado interese na ecoloxía e evolución dos cucos e foi o tema do seu último libro en 1942.

Fauna of British India, segunda edición

Hand-list

Obra sobre a nidificación das aves

. Problemas dos cucos

Notas

Véxase tamén Bibliografía Obituary, The Times, 18 de abril de 1944 Obituary, Ibis. 1944:413-415

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Policías Categoría:Naturalistas