miniatura |Un amorodo danado por un rato que comeu os pequenos froitos negros con sementes (aquenios) da súa superficie. O granivorismo ou predación de sementes é un tipo de alimentación animal na que estes se alimentan principalmente de sementes de plantas. Os granívoros poden encontrarse en moitas familias de vertebrados, especialmente mamíferos e aves, así como en moitos grupos de insectos.

O granivorismo ou predación de sementes adoita dividirse en predación predispersión e posdispersión, que afectan a eficacia biolóxica da planta parental e a descendencia dispersada (as sementes), respectivamente. Os dous tipos de predación de sementes poden ser mitigados por diferentes estratexias. Para contrarrestar a predación das sementes, nas plantas evolucionaron defensas físicas (por exemplo, forma e resistencia da cuberta da semente) e químicas (como a presenza de taninos e alcaloides). A medida que nas plantas evolucionaron defensas nas sementes, os comedores de sementes adaptáronse como resposta (por exemplo, facéndose capaces de destoxificar compostos químicos). Así, moitos exemplos de coevolución orixináronse por medio desta relación dinámica.

As sementes e as súas defensas

miniatura|Rato comendo sementes. As sementes de plantas son importantes fontes de nutrición para os animais en moitos ecosistemas. As sementes conteñen órganos ou tecidos para almacenar reservas alimenticias (como o endosperma ou o cotiledón) que proporcionan nutrientes ao embrión da planta en desenvolvemento. Isto converte ás sementes en atractivas fontes de alimentos para os animais porque nelas os nutrientes están máis concentrados e localizados que noutras partes da planta.

Nas sementes de moitas plantas evolucionaron diversas defensas para disuadir a predación. As sementes adoitan estar dentro de estruturas protectoras ou polpas de froitos que as encapsulan ata que maduran. Outras defensas físicas son espiñas, pelos, cubertas fibrosas e endosperma duro. As sementes, especialmente en áreas áridas, poden ter cubertas mucilaxinosas que poden facer que se pegue terra á semente o que axuda a ocultala aos granívoros.

Nalgunhas sementes evolucionaron fortes compostos químicos antiherbívoros. A diferenza das defensas físicas, as defenss químicas das sementes disuaden a inxestión de compostos químicos que son tóxicos ou de mal sabor para os granívoros ou que inhiben a dixestibilidade da semente. Entre estes compostos están aminoácidos non proteicos tóxicos, glicósidos cianoxénicos, inhibidores da protease e da amilase, e fitohemaglutininas. As plantas poden ter que buscar un termo medio entre as medidas de defensa e o tamaño e número de sementes producidas.

As plantas poden reducir a gravidade da predación de sementes ao faceren que as sementes sexan espacialmente ou temporalmente escasas para os granívoros. A dispersión de sementes lonxe da planta parental hipotetízase que reduce a gravidade da predación de sementes. A frutificación masiva é un exemplo de como as poboacións de plantas poden regular temporalmente a gravidade da predación de sementes. Isto consiste nunha abundancia concertada da produción de sementes seguida por un período de escaseza. Esta estratexia pode regular tamaño da poboación de granívoros.

Predación de sementes fronte a dispersión de sementes As adaptacións para a defensa das sementes contra a predación poden afectar a capacidade das sementes de xerminación e dispersión. Así, as adpatacións antipredador prodúcense a miúdo dentro dun conxunto de adaptacións para a historia vital dunha determinada semente. Por exemplo, as plantas de chile disuaden selectivamente os mamíferos granívoros e os fungos usando a capsaicina, que non disuaden aos paxaros dispersores de sementes porque a capsaicina non se pode unir aos receptores do gusto das aves. As sementes dos chiles á súa vez teñen unha maior supervivencia se pasan polo estómago de aves que se caen directamente ao chan.

Pre e posdispersión A predación de sementes pode ocorrer tanto antes coma despois da dispersión de sementes.

Predispersión A predación de sementes predispersión ten lugar cando lle comen as sementes á planta parental antes de que se dispersen, e ocorre sobre todo en invertebrados, aves e en roedores granívoros que collen as froitas directamente das árbores ou plantas herbáceas. Os predadores predispersión diferéncianse dos posdispersión en que na súa maioría son especialistas, adaptados a recursos que se encontran agrupados na planta. Utilizan pistas específica<s como a química das plantas (compostos volátiles), a cor e o tamaño para localizar as sementes, e os seus curtos ciclos vitais adoitan estar sincronizados coa produción de sementes na planta hóspede. Grupos de insectos que conteñen moitos predadores predispersión son Coleoptera, Hemiptera, Hymenoptera e Lepidoptera.

Posdispersión Este tipo de granivorismo orixínase unha vez que as sementes se liberaron da planta parental. As aves, roedores e formigas están entre os predadores de sementes posdispersión máis frecuentes. Ademais, a predación de sementes posdispersión pode ter lugar en dúas fases: predación na "chuvia de sementes" e predación no "banco de sementes". Mentres que a predación na chuvia de sementes ocorre cando os animais comen as sementes liberadas que xeralmente sobre a superficie do chan, a predación no banco de sementes ten lugar despois de que as sementes quedaron incorporadas en partes relativamene profundas do solo.

A predación de sementes posdispersión é extremadamene común en practicamente todos os ecosistemas. Dada a heteroxeneidade en tipo de recurso (sementes de diferentes especies), calidade (sementes de diferentes idades ou diferente estado de integridade ou descomposición) e localización (sementes espalladas e ocultas no ambiente), a maioría dos predadores posdispersión teñen hábitos xeneralistas. Estes predadores pertencen a un conxunto diverso de animais, como formigas, escaravellos, cangrexos, peixes, roedores e aves. A ensamblaxe de predadores de sementes posdispersión varía considerablemente dun ecosistema a outro.

Efectos sobre as pobaocións de plantas O modelo de Janzen-Connell explica como a densidade e supervivencia de sementes responden á distancia desde a árbore parental e ás taxas diferenciais de predación de sementes. A densidade de sementes a miúdo diminúe a medida que aumenta a distancia á árbore parental. Onde as sementes son máis abundantes baixo a árbore parental, predise que a predación de sementes sexa a máxima. A medida que se incrementa a distancia desde a árbore parental, predise que a abundancia de sementes e así a predación de sementes diminúan a medida que á vez se incrementa a supervivencia das sementes.Connell, J.H. (1971) "On the role of natural enemies in preventing competitive excusion in some marine animals and in rainforest trees", pp. 298–312 in Dynamics of Populations, ed. P.J. den Boer and G.R. Gradwell. Wageningen: Center for Agricultural Publishing and Documentation. A predación de sementes é ás veces o suficientemente potente como para limitar o recrutamento de plántulas e, por tanto, a poboación de novas árbores (descrita como "limitada polas sementes"). En hábitats dunares os predadores de sementes, como o rato Peromyscus, poden limitar o recrutamento de plántulas, pero en hábitats de pradeiras teñen pouco efecto, xa que a poboación de plantas está aquí limitada pola dispoñibilidade de sitios seguros ("limitada por sitios seguros"). Os predadores de sementes ás veces benefician as poboaciósn de plantas ao dispersaren sementes lonxe da planta parental, favorecendo así o fluxo xénico entre poboacións. Outros predadores de sementes recollen as sementes e despois ocúltanas para o seu consumo posterior. As sementes que ocultaron poden ser en gran parte esquecidas e entón xerminan e crecen, o que é bo para a dispersión.Harper, J. L. (1977) Population Biology of Plants, New York: Academic Press.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Interaccións consumidor-recursos Predación de ovos Formigas colleiteiras Herbívoro Dispersión de sementes

Bibliografía

Categoría:Comportamentos de alimentación Categoría:Reprodución vexetal