dereita|miniatura|Carta do xogo xaponés obake karuta (cartas de monstros), c. inicios do século . Cada carta mostra un monstro da mitoloxía xaponesa e un carácter do silabario hiragana, neste caso, "ゑ". é un xogo de cartas xaponés.
Historia As cartas foron introducidas no Xapón polos comerciantes portugueses dos océanos Índico e Pacífico a mediados do século XVI.
As barallas de Karuta divídense en dous grupos: as que descenden das cartas portuguesas e as do e-awase. O e-awase era un pasatempo popular entre os nobres xaponeses durante o período Kamakura, aínda que a súa historia remóntase ao período Heian.
Xogo A idea básica de calquera xogo de karuta é ser capaz de determinar rapidamente que carta é a indicada dentro dun grupo de cartas e logo tomala antes de que sexa tomada polo outro opoñente. Para xogar karuta necesítanse dúas clases de cartas, unha delas é a yomifuda (読札) ou «cartas de lectura» e a outra é a torifuda (取り札) ou «cartas para agarrar». Un terceiro xogador debe ler a carta yomifuda, que contén un poema ou un coñecido refrán. Entón os xogadores deben atopar o seu torifuda asociada co seu contido.
Tipos Existen moitos tipos de cartas de karuta.
O Hanafuda consiste nun xogo con 48 cartas con deseños de flores. Componse de doce paus e catro cartas por pau. Non é necesario coñecer o idioma xaponés para xogalo.
No uta-garuta, os xogadores deben tratar de atopar as últimas dúas liñas dun poema tanka, dadas as primeiras tres liñas. A miúdo pódese identificar un poema pola súa primeira ou segunda sílaba. Os poemas para este xogo son tomados do Hyakunin Isshu e son tradicionalmente interpretados no día de Ano Novo.
Calquera que poida ler hiragana pode xogar o iroha-garuta. Neste, unha torifuda típica mostra unha imaxe cun kana na esquina do cartón. O seu yomifuda correspondente mostra un proverbio relacionado con esa imaxe, mentres a primeira sílaba de devandito proverbio, é o kana debuxado na esquina.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Palabras de orixe portuguesa na lingua xaponesa Nintendo (compañía de videoxogos que comezou fabricando karuta)
Categoría:Xogos de cartas Categoría:Cultura do Xapón