Antonio Cal Vázquez, coñecido como Purriños, nado en Betanzos en 1940 e finado en Córdoba o 7 de xuño de 1993, foi un saxofonista galego, un dos pioneiros do jazz en Galiza.

Traxectoria Fillo de Antonio Cal Purriños. Iniciouse como batería na orquestra Copacabana do seu pai e con 19 anos tocou en orquestras da Coruña e Ferrol. Marchou ao Brasil, onde estivo catro anos e despois foi a Inglaterra onde dirixiu a orquestra Churchill’s de Londres até que de volta nos setenta se incorporou ao florecente rock progresivo. Retornou a Madrid e a finais da década montou o club de jazz Hardy’s Jazz en Torremolinos e fundou o grupo Ónice."Antonio Cal, un músico de fama internacional", La Voz de Galicia, 27-4- 1982, p. 41. Ó regresar a Galiza a comezos dos 80, contribuíu a fundar Clunia Jazz (aínda que só chegou a gravar con eles o primeiro disco) e a montar a Escola de Música de Betanzos, cuxa Big Band dirixiu.En la senda de Antonio Cal Finou en Córdoba o 7 de xuño de 1993.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-7-1993, p. 83.

Vida persoal

Casou con Nati Cuéllar e foi pai de Marta, Ruth e Toni Cal Cuéllar. Notas

Categoría:Saxofonistas de jazz Categoría:Saxofonistas de Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes