Un memorando de entendemento (en inglés, Memorandum of Understanding, MoU) é un documento que describe un acordo ou convención bilateral ou multilateral entre as súas partes. Declara unha converxencia de intencións entre as distintas partes, sinalando unha liña de actuación común. Adoita empregarse en casos nos que as partes non asumiron un compromiso legal ou en situacións nas que as partes non poden crear un acordo con forza vinculante. É unha alternativa máis formal a un acordo informal (acordo de cabaleiros).

Nalgúns casos, un memorando de entendemento pode ter a forza vinculante dun contrato se se cumpren os catro elementos esenciais («four corners»): intención de celebrar un contrato, intercambio de valor, oferta e aceptación da oferta.

No dereito internacional público No dereito internacional público, os memorandos de entendemento entran na categoría xeral de tratados e deben rexistrarse na base de datos de tratados das Nacións Unidas. Na práctica, e a pesar da insistencia da sección xurídica das Nacións Unidas en que o rexistro debe levarse a cabo para evitar a diplomacia secreta, os memorandos de entendemento ás veces mantéñense confidenciais. Desde un punto de vista xurídico, o título de memorando de entendemento non presupoñe o carácter vinculante do acordo segundo o dereito internacional.

En dereito privado No dereito privado, un memorando de entendemento pode considerarse unha carta de intencións (letter of intent). Este é o caso, por exemplo, no dereito privado estadounidense.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Documentos Categoría:Dereito