Felisa Reyes Ortega, nada en Lucena en 1984, é unha científica, investigadora e profesora española que en 2013 converteuse na primeira muller xitana en doutorarse en Ciencias Naturais e Experimentais en España.
Traxectoria Reyes pertenence a unha familia xitana de 6 irmáns. Licenciouse con premio extraordinario en Química na Universidade de Córdoba.En 2007 realizou un máster de polímeros no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).Nese período, realizou dúas estancias na Universidade Carnegie Mellon, en Pittsburg, Pensilvania. En 2013, doutorouse cum laude con mención internacional na Universidade Autónoma de Madrid. Converteuse así na segunda muller xitana que se doutorou en España, tras a antropóloga Ana Giménez Adelantado, así como na primeira muller xitana doutora en Ciencias Naturais e Experimentais.
Iniciou unha investigación posdoutoral na Universidade de Monash de Melbourne, ao redor dunha iniciativa de fármacos para a fibrose quística. Tamén publicou máis de 20 artigos científicos e obtivo 2 patentes internacionais. Converteuse en profesora e investigadora do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Granada. Reyes Ortega pertence á Real Sociedade de Química Española e do Centro de Nanomedicina de Australia.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade Canergie-Mellon Categoría:Profesores da Universidade de Granada Categoría:Alumnos da Universidade Monash Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Nados en 1984