A economía de Suriname está dominada pola minería (especialmente do aluminio) que responde por máis dun terzo do Produto interno bruto e restrinxe as rendas do goberno conforme os prezos internacionais do produto. As perspectivas a curto prazo da economía dependen da habilidade do goberno en controlar a inflación e no desenvolvemento de proxectos nos sectores de minería de bauxita e ouro. No medio prazo depende de políticas fiscais e monetarias responsábeis, e na introdución de reformas estruturais para liberar os mercados e promover a competición.
O país tamén é membro do Caricom, e exporta arroz, camarón, madeira, banana, froitas e vexetais. O goberno non consegue regular a minería do ouro, e esta alimenta a economía informal.
Notas
Suriname Categoría:Suriname