Os wārdū (singular wārdum) eran unha das tres clases nas que se dividía a sociedade das antigas Esnunna e Babilonia, segundo as interpretacións derivadas do estudo das Leis de Esnunna e o Código de Hammurabi. As outras dúas clases eran os awīlū (persoas libres) e os muškēnū (un grupo social intermedio de características exactas moi debatidas).

Os wārdū eran escravos, que constituían a clase social máis baixa da antiga Babilonia. Eran considerados legalmente como unha posesión, sendo propiedade do seu amo. Unha persoa podía chegar á condición de escrava sendo capturada como resultado dunha campaña militar ou dunha incursión ás rexións montañosas. Existiron tamén casos de escravitude por débedas (un awīlum podía entregarse como escravo, pero tamén existen casos documentados da venda de esposas e fillos).

Notas

Categoría:Clases sociais Categoría:Babilonia Categoría:Escravitude