Numismatic Chronicle (NC) é unha revista numismática anual revisada por expertos editada pola Royal Numismatic Society (RNS), de Londres. Foi fundada en 1836, daquela con nome de The Numismatic Journal, e en 1838 cambiou a súa cabeceira por Numismatic Chronicle. No seu primeiro número, aparecido en 1837, amosaba na súa portada un retrato do numismático austríaco Joseph Hilarius Eckhel."The Numismatic Chronicle". Royal Numismatic Society (numismatics.org.uk).

A revista envíase de xeito gratuíto a todos os membros da RNS. Nela publícanse artigos sobre moedas, fichas comerciais, medallas e papel moeda de todos os períodos e culturas."Contributing to the Numismatic Chronicle". Royal Numismatic Society (Numismatics.org.uk).

Numismatic Chronicle é unha das revistas numismáticas máis citadas.De Callataÿ, F. (2014). "How Poor are Current Bibliometrics in the Humanities? Numismatic Literature as a Case Study". En American Journal of Numismatics. 26. Páxinas 275-316.

A consulta dos primeiros 182 números, publicados entre 1837 e 2022, está dispoñible en liña na biblioteca dixital Jstor.

Denominacións da revista miniatura|Portada do primeiro número, en 1837, baixo o nome de Numismatic Journal. Ao longo da súa historia, a revista cambiou catro veces a súa denominación:"The Numismatic Chronicle (1966-)". Jstor.org.

1836-1837: The Numismatic Journal. 1838-1841: The Numismatic Chronicle. 1842-1903: The Numismatic Chronicle and Journal of the Numismatic Society. 1904-1965: The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society. Desde 1966: The Numismatic Chronicle.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Royal Numismatic Society

Ligazóns externas Sitio web da revista Consulta en liña en Jstor

Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas do Reino Unido Categoría:Royal Numismatic Society