O Tampere Rugby Club é un equipo de rugby da cidade de Tampere (Finlandia). Fundado en 2001, o Tampere Rugby Club é un dos clubs de rugby máis antigos de Finlandia e o único da rexión de Pirkanmaa. Conta con equipos tanto en categoría feminina como masculina e ten gañado o campionato finlandés en numerosas ocasións en ambas categorías. Xoga os seus partidos como local no Raholan urheilukenttä.

Na tempada 2026 o equipo feminino compite na SM-sarja, a máxima categoría do rugby finlandés, mentres que o equipo masculino compite na segunda categoría, a 1 Divisioona.

Palmarés Feminino Rugby XV SM-sarja (4): 2017, 2020, 2021 e 2025

Rugby VII SM Sevens (3): 2018, 2022 e 2023

Masculino Rugby XV SM-sarja (3): 2006, 2007 e 2013

Rugby VII SM Sevens (1): 2012

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial