Na literatura islandesa, os rímur (en singular, ríma) son poemas épicos escritos en calquera rímnahættir (en ). Son poemas con rima e aliteración, formados por estrofas de dous a catro versos.

Este xénero data do século XIV e equivale os romances galegos. Son de autores anónimos na maioría dos casos. Os rímur máis antigos son polo xeral de catro versos e tratan dos reis noruegueses, os posteriores contan historias de heroes islandeses ou batallas épicas que se transmitiron de xeración en xeración. A maioría dos rímur recolléronse por escrito no século XIX, cando esta forma comezaba a entrar en decadencia.

Forma Como o propio nome suxire, os rímur destacan por empregar a rima como recurso poético; porén, tamén amosan unha estrutura aliterativa, do mesmo xeito que o verso aliterativo do alemán antigo. Adoitan constar de catro estrofas. Hai centros de metros para os rímur: Sveinbjörn Beinteinsson contou até 450 variacións. Non obstante, pódense agrupar nunhas 10 familias. O metro máis común é o chamado ferskeytt.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Literatura Categoría:Literatura en lingua islandesa Categoría:Literatura de Islandia Categoría:Xéneros de poesía