A libra das Illas Malvinas é a moeda oficial das Illas Malvinas. O seu símbolo monetario é £ e o seu código ISO 4217 de moeda é FKP.
A libra das Illas Malvinas é intercambiable coa libra esterlina do Reino Unido de 1 a 1. Ambas as moedas estiveron sempre equiparadas e os billetes de ambos os sistemas úsanse indistintamente no arquipélago, aínda que a libra das Illas Malvinas non se acepta amplamente na propia Gran Bretaña.
Historia e marco legal A libra introduciuse como unidade monetaria logo da reafirmación da soberanía británica nas Illas Malvinas en 1833. Inicialmente circulou alí a libra esterlina, daquela subdividida en 20 xilins e cada un deles en 12 peniques, mais xa a partir de 1899 comezaron a producirse emisións específicas de billetes para as Illas Malvinas, impresas pola compañía De La Rue."Falkland Islands". Banknoteworld.com
Logo da decimalización da libra esterlina en 1971, a libra das Illas Malvinas sufriu o mesmo proceso e pasou a estar dividida en 100 peniques novos. Non foi ata 1974 cando comezaron a cuñarse moedas específicas para o uso nestas illas."Stamps & Coins". The Falkland Islands Association (fiassociation.com).
Na lexislación das Illas Malvinas, a Ordenanza da Moeda de 1987 establece que a libra das Illas Malvinas é a divisa das Illas Malvinas, e que ten paridade coa libra esterlina. Esta disposición determina que as referencias a 'libras' nas Illas Malvinas en documentos públicos e privados, como contratos e débedas, se refiren á libra das Illas Malvinas, e que estas se poderán cambiar a demanda por libras esterlinas, aínda que faculta os Comisarios de Divisa para o cobramento dunha comisión porcentual por ese troco."The Currency Ordinance 1987". The Falkland Islands Gazette. Vol. XCVI. Nº 9. 4 de agosto de 1987. Páxina 153 e seguintes.
Moedas e billetes da libra das Illas Malvinas Billetes Entre 1899 e 1901, o Goberno introduciu a primeira serie de billetes específicos para a súa circulación das Illas Malvinas, con valores faciais de 5 xilins, e de 1 e 5 libras."Falkland Islands: 1899-1916". Banknote.ws
Os billetes das Illas Malvinas caracterízanse desde entón por teren idénticos deseños para todos os valores faciais en cada emisión. As emisións de 1921 a 1932 presentaban nos anversos unha imaxe de perfil do rei Xurxo V nun marco elegante, en tanto que os reversos estaban constituídos por padróns xeométricos."Falkland Islands: 1921-1932". Banknote.ws
Pola súa banda, as emisións de 1938 a 1951 levan un concepto de deseño semellante, agás que a efixie do rei Xurxo V foi substituída pola rei Xurxo VI . Ademais, o retrato está situado á esquerda, co rei ollando á dereita."1938-1951 "George VI" Issue". Banknote.ws
En 1960, o deseño do marco do anverso volveu á dereita e o retrato do rei Xurxo VI foi substituído pola imaxe de perfil da súa filla, a raíña Isabel II, ollando á esquerda, co diadema da Gran Duquesa Vladimir e o colar de ouro do xubileu da raíña Vitoria. Os anversos de Isabel complétanse co escudo de armas, tres pingüíns rei, o mapa das illas e dous leóns mariños, en tanto que os reversos amosan a Casa do Goberno e a Catedral de Christ Church."1960-1975 "Elizabeth II" Issue". Banknote.ws O concepto de deseño e os elementos desta emisión consérvanse nos billetes posteriores das Illas Malvinas."1984-1990 Issue". Banknote.ws En 1983, emitiuse un billete de 5 libras para conmemorar o 150 aniversario da soberanía inglesa, con deseños totalmente novos."1983: 150th Anniversary of British Rule" Commemorative Issue". Banknote.ws
En 2025 comezaron a entrar en circulación os novos billetes coa efixie de Carlos III nos seus anversos, nos que tamén se aprecia un contorno do arquipélago e a imaxe dun albatros de fronte negra. Nos reversos represéntase a "flor pálida da doncela" (Olsynium filifolium), así como a illa Steeple Jason e unha familia de pingüíns."The plastic notes will feature two kings, King Charles III and a king penguin". En Falklands Radio (radio.co.fk). 9 de xaneiro de 2025."2025 Charles III Issue". Banknote.ws miniatura|602x602px|Moedas e billetes en circulación. Os billetes en circulación son: 5 £ (vermello), 10 £ (verde), 20 £ (marrón) e 50 £ (combinación de vermello, verde e azul).
Moedas En 1974 introducíronse as moedas de medio penique —emitida por derradeira vez en 1983 e desmonetizada pouco despois—, un penique, dous peniques, cinco peniques e dez peniques. As moedas de cincuenta peniques introducíronse en 1980, seguidas das de vinte peniques en 1982, da dunha libra en 1987 e da de dúas libras en circulación en 2004."½ Penny", "1 Penny", "2 Pence", "5 Pence", "10 Pence", "20 Pence", "50 Pence", "1 Pound", "2 Pounds". Numista.com
En 1998 comezaron a emitirse versións máis pequenas das moedas de 5, 10 e 50 peniques, correspondentes ás emisións do Reino Unido, substituíndo ás versións máis grandes —no caso da de 5 peniques, foi oito anos despois da súa introdución no Reino Unido—."5 Pence small type", "10 Pence small type", "50 Pence small type". Numista.com A introdución da moeda de 2 libras para circulación en 2004 produciuse seis anos despois de que a mesma moeda se emitise no Reino Unido."2 Pounds - Elizabeth II". Numista.com En 2020, as Illas Malvinas emitiron unha nova moeda bimetálica dunha libra de forma dodecagonal,"1 Pound - Elizabeth II". Numista.com igualando tanto a composición como o tamaño da súa homóloga británica, mentres que tamén anunciaron a retirada da moeda redonda dunha libra, que se produciu o 30 de xuño de 2023."1 Pound - Elizabeth II 4th portrait". Numista.com
Todas as moedas pasaron, xa que logo, a ter a mesma composición e o mesmo tamaño que as moedas británicas correspondentes, e a partir de 2023 as moedas pasaron a amosar nos seus anversos a efixie de Carlos III, no canto do de Isabel II."Falkland Islands: 2023". Numista.com
Paralelamente ás moedas ordinarias, cuñadas pola Royal Mint, de Londres, para a súa posta en circulación, a partir de 1998 comezaron a emitirse tamén moedas de carácter conmemorativo e para o coleccionismo. Estas moedas están adoito relacionadas con feitos históricos do arquipélago, e cúñanse habitualmente en cuproníquel, en prata e en ouro pola ceca privada Pobjoy Mint, de Surrey.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Krause, C. L.; Clifford Mishler (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801.1991 (18ª ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501. Pick, A., (1994); Bruce, C. R.; Shafer, N. (eds.). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues (7ª ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9.
Outros artigos
Royal Mint Peso das Illas Malvinas
Illas Malvinas Categoría:Illas Malvinas Categoría:ISO 4217