As penicilinas biosintéticas son antibióticos do grupo dos beta-lactámicos (concretamente penicilinas) que se obteñen por medio da fermentación nun medio de cultivo de composición controlada inoculado cunha cepa produtora do fungo Penicillium. Para dirixir o proceso industrial á xeración dun composto distinto das penicilinas naturais (como a penicilina G), adiciónase de forma controlada e en exceso un precursor da cadea lateral do beta-lactámico; isto fai que, de forma natural, o microorganismo o engada ao ácido 6-aminopenicilánico (o núcleo de todas as penicilinas). Deste xeito, engadindo o precursor desexado, prodúcese unha maior proporción da penicilina de interese. A partir destes produtos iniciais biosintéticos, desenvolvéronse máis de 100 tipos de penicilinas semisintéticas por este método; non obstante, en procesos comerciais só a penicilina G, a penicilina V e a penicilina O se producen en cantidades rendibles.
Notas
Categoría:Penicilinas