Over the Horizon é un ton de chamada e a peza musical composta por Joongsam Yun e Samsung que se usa dende 2011. Iñantes de que este ton existira, Samsung Tune era o que estaba nos móbiles da marca até 2010.

Historia Foi composta inicialmente por Joongsam Yun en 2011. A súa idea era compor un ton de chamada que destacase do resto, algo que soase case como unha peza musical, pero do que se derivaría o ton de chamada. Así, en febreiro dese ano, durante o lanzamento do S2, naceu "Over the Horizon". A súa idea era inspirar un sentimento de exploración, optimismo e unha perspectiva de futuro. De aí o nome desta melodía, "Over the Horizon". É única porque, a diferenza da maioría dos tons de chamada, inclúe Videoclips que mostran principalmente os músicos tocando a melodía (agás as versións de 2020, 2022 e 2023, que son máis cinematográficas). Ademais, teñen produción musical (capas, introdución e peche). Os vídeos musicais adoitan subirse á canle oficial de Samsung, Samsung Newsroom.

A peza completa aparece desde 2012 na carpeta Samsung, concretamente na subcarpeta de música, na maioría dos teléfonos da compañía surcoreana. Ademais, desde 2013, todas as versións forman parte do álbum Brand Music. Anteriormente, as versións de 2011 e 2012 estaban catalogadas no álbum de Samsung.

En 2015, unha versión electrónica desta melodía estaba dispoñible nos Galaxy Z1 e Z2, que funcionaban co sistema operativo Tizen. miniatura|Imaxe de portada de "Over the Horizon 2015", unha melodía composta polo músico estadounidense Jamie Christopherson e utilizada no Samsung Galaxy S6. Cada versión da peza foi composta por diferentes músicos ao longo dos anos: en 2013-2014 e 2015, un arranxo sinfónico do compositor estadounidense Jamie Christopherson; en 2016, unha versión de jazz composta polo grupo sueco Dirty Loops; en 2017, un crossover composto polo músico británico Jacob Collier; en 2018, un arranxo orquestral do compositor islandés Pétur Jonsson, baseado na música nórdica; en 2019, un crossover clásico composto pola Filharmónica de Londres e dirixido por Steven Price; e en 2020, unha versión inspirada na natureza. En 2021, publicouse unha composición para piano do pianista coreano Yiruma; En 2022, lanzouse unha versión do músico estadounidense Kiefer; en 2023, lanzouse unha versión do DJ estadounidense Yaeji; en 2024, lanzouse unha versión da Orquestra Filharmónica Nacional de Seúl, dirixida por Won Il; en 2025, lanzouse unha versión de Jacob Mann; e en 2026, lanzouse unha versión da Royal Philharmonic Orchestra de Londres, dirixida por Eunike Tanzil, baseada no son da Terra: A Soundtrack of the Earth.

Algunhas versións prodúcense con Dolby Atmos. Ademais, algúns músicos, como SUGA de BTS, crearon as súas propias remesturas da melodía. Todas as versións presentan o son característico da marca, as seis notas de Samsung, pero tocadas con diferentes instrumentos dependendo do xénero musical.

En 2021, Over the Horizon quedou relegada a un segundo plano tras a creación dun novo ton de chamada que seguiría sendo o principal ata o día de hoxe: Galaxy Bells.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 삼성전자 뉴스룸 Canle oficial de YouTube [Samsung Newsroom] Samsung Over The Horizon Collection

Categoría:Composicións musicais