Jesus Moinhos Pardavila, máis coñecido como Suso Moinhos, nado en Vigo o 25 de febreiro de 1970, é un filólogo e esperantista galego.
Traxectoria Estudou Filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde ensinou esperanto, e Filoloxía na Universidade Nova de Lisboa. Graduouse en Estudos interlingüísticos na Universidade Adam Mickiewicz de Poznań (Polonia) no 2017. Comezou a aprender o esperanto en 1986, lingua que ensinou tanto en Galicia como en Alemaña e Sicilia.
En 2014 recibiu o primeiro premio na categoría de "Poesía" nos Belartaj Konkursoj (Concursos de Belas Artes da Asociación Universal de Esperanto).
Os seus poemas apareceron en diversas revistas, como Esperanto, Zagreba Esperantisto, Rio Esperantista, Caja de Resistencia (traducidos ao castelán) e Tlön (en portugués), así como na escolma Nova mondo en niaj koroj (en ) de 2016.
En 2017 participou no Festival da Poesía Mediterránea de Mallorca, xunto con outros 13 poetas en diversas linguas. Nese mesmo ano, saíu do prelo a súa tradución ao esperanto de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.
En 2016 publicou o seu primeiro poemario, Laminarioj, e en 2019, a tradución do libro de relatos A ferida, de Begoña Paz.
Fai parte da redacción de Beletra Almanako (en ). Nela publicou traducións en esperanto dende linguas como o galego, o portugués, o romanés e mais o francés.
Publicacións Poesía Laminarioj (2016), con prefacio de Jorge Camacho.
Traducións "Vozes do Esperanto. Antologia""Voces do Esperanto. Antologia" (2016). Revista literária em tradução. Memoraĵoj de kampara knabo (2017), de Xosé Neira Vilas. La vundo (2019), de Begoña Paz. Vundita vento (2019), de Carlos Casares.
Escolmas Nova mondo en niaj koroj (2016). XIX Festival de Poesía do Mediterráneo (2017). Baza literatura krestomatio (2019, 4a ed.). O Sol É Secreto: Poetas Celebram Eugénio de Andrade (2019). Verda stelo kaj roza triangulo (2021). La Vojo. Eta antologio de Esperanto-poezio / Путь. Малая антология поэзии на эсперанто (2019).
Ensaios "Antaŭnomoj en Esperanto: formoj, ensembloj, rilatoj" (2015). Język. Komunikacja. Informacja. "Lingvoplanado kaj planlingvoj: novaj vojoj por analizo" (2016). grkg / Humankybernetik. "Poŝtkarto el la genra tranĉeo: Kio okazis al niaj verkistinoj?" (2016). Belarta rikolto. "La arkitekturo de deziro en la verkoj de Lajos Tárkony" (2016). Belarta rikolto. "La fenomeno migrado en la esperanta literaturo" (2016). Bjalistokaj kajeroj. "Prenoms en esperanto: formes, conjunts, relacions" (2017). Kataluna Esperantisto. Llengua internacional i drets lingüístics.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1970 Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Esperantistas Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia