John Albanese, nado en Akron, Ohio, o 6 de marzo de 1959, é un numismático estadounidense.
Traxectoria Nado en 1959 en Akron, Ohio, Albanese cursou estudos superiores durante un ano na Universidade Rutgers.Smith, P. (2025).
A partir de 1978 dedicou a súa actividade profesional ao comercio numismático."Numismatist of the Century: John Albanese". En CoinAge (coinagemag.com). 13 de novembro de 2023."John Albanese: Certified Acceptance Corporation Founder". En Coin World (coinworld.com).
Na década de 1980 foi cofundador dalgunhas das maiores axencias de certificación de moedas, como o Professional Coin Grading Service (PCGS) en 1986, Numismatic Guaranty Corporation (NGC) en 1988, ou Certified Acceptance Corp (CAC) en 2007."Our Founder". Certified Acceptance Corp (cacgrading.com). Tamén estableceu en 2025 a entidade sen ánimo de lucro Numismatic Coin Alliance, en defensa da ética no comercio numismático.
Igualmente, fundou diversas compañías de comercio numismático nos Estados Unidos, como California Gold Marketing Group (1999) ou Intercept Shield (2001).
En 2004, Albanese foi contratado por Odyssey Marine Exploration, Inc. para dirixir a estratexia de comercialización da colección de moedas procedente do naufraxio do SS Republic. En outubro de 2016, el mesmo e a CAC encaráronse da comercialización das moedas de ouro do tesouro de 1715 descuberto fronte á costa de Florida.
Albanese foi incluído na edición de 2021 da lista das persoas máis influentes na numismática estadounidense de 1960 a 2020, publicada pola revista Coin World;The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2021. Páxina 74. na edición de 2023 renovou o seu posto nesta listaxe,The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2023. Páxina 12. e na edición de 2025 pasou a figurar entre os 10 persoeiros destacados.The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2025. Páxina 4.
Recoñecementos
2012: Premio Abe Kosoff Founders, do Professional Numismatists Guild."Official Awards Given by the PNG". Professional Numismatists Guild (Pngdealers.org). 2013: Premio Sol Kaplan, do Professional Numismatists Guild. 2014: premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Smith, P. (2025). "Albanese, John". En American Numismatic Biographies. Páxina 8.
Ligazóns externas
Vídeo: "John Albanese: Is Grading Coins an Art or Science?" Vídeo: "John Albanese Interview | Both Sides of the Coin"
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Akron, Ohio Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Alumnos da Universidade Rutgers