A Escala Douglas é unha escala que clasifica os diferentes estados do mar en 10 graos tomando como referencia o tamaño das ondas. Foi creada polo vicealmirante inglés Henry Percy Douglas en 1917 en canto dirixía o Servizo Meteorolóxico da Armada Británica.
A escala ten dous códigos, un para estimar o estado do mar e o outro para describir a altura do mar. Esta escala adaptouse nos demais países recorrendo na maioría dos casos a nomes tradicionais que describían os diferentes estados do mar.
Descrición do estado do mar segundo o vento O "mar de vento" é o movemento das ondas xerado polo vento a soprar directamente sobre a área de mar observado ou na súa proximidade inmediata.
GraoDescrición do estado do marAltura das ondas(m)0A superficie do mar está lisa coma un espello.Sen ondas1O mar comeza a rizarse por partes.0 a 0,102Fórmanse ondas curtas pero ben marcadas; comezan a romper as cristas formando unha escuma que non é branca senón de aspecto vidroso (ovellas).0,10 a 0,53Fórmanse ondas longas con cristas de escuma branca ben caracterizadas. O mar de vento é ben definido e distínguese facilmente do mar de fondo que puidera existir. Ao romper, as ondas producen un murmurio que se apaga axiña.0,5 a 1,254Fórmanse ondas máis longas, con cristas de escuma por todos os sitios. O mar rompe cun murmurio constante.1,25 a 2,55Comezan a formarse ondas altas; as zonas de escuma branca cobren gran superficie. O mar ao romper produce un ruído xordo como de arrolar cousas.2,5 a 46O mar alborótase. A escuma branca que se forma ao romper as cristas comeza a dispoñerse en bandas na dirección do vento.4 a 67Aumentan notablemente a altura e a lonxitude das ondas e das súas cristas. A escuma disponse en bandas estreitas na dirección do vento.6 a 98Vense ondas altas con longas cristas que caen como cadoiros; as grandes superficies cubertas de escuma dispóñense rapidamente en bandas brancas na dirección do vento; o mar colle todo el un aspecto abrancazado.9 a 149As ondas fanse tan altas que por veces as naves á vista desaparecen nos seus senos. O mar está cuberto de escuma branca disposta en bandas na dirección do vento e o ruído que se produce é forte e enxordecedor. O aire está tan cheo de salseiro, que a visibilidade dos obxectos afastados faise imposible.Máis de 14
Estado do mar As ondas do "mar de fondo" xérannas os ventos cando sopran sobre unha área do mar lonxincua e viaxan rapidamente sobre a superficie cun período regular e cumios chans. Son chamadas tamén "lombos de mar".
GraoDescriciónOutras descricións, coloquiais e formaisNúñez Singala, Manuel et al. (1988) "Vocabulario sobre o Medio Físico e o Asentamento Humano". Pontevedra: Xunta de Galicia.Brañas Pérez, P. (1991) Vocabulario das Ciencias Naturais Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Política Lingüística0mar chan; mar calmo calma finada, calma branca, calma podre, mar estañado, mar espellado, mar en calma1mar rizado mar bo, mar liso, mar raso, mar manso2mar ovellado de carneirada, mar teso, mar rixo, mar de vento, mar rizo3marusía maraxiña, mar picado4forte marusía mar roleiro, mar pescador, de pequena vaga5media vaga mar gordo6vaga mar duro, de vaga grosa, mareira7vagallón, mar arborado mar bravo, tempestuoso8vagallón campal mar moi bravo, moi tempestuoso9mar enorme mar desfeito, mar confuso
Notas
Véxase tamén Outros artigos Escala Beaufort Escala Fujita Escala TORRO Escala de Furacáns Saffir-Simpson
Ligazóns externas EuroWEATHER
Categoría:Meteoroloxía Categoría:Escalas