O Teatro Principal de Santiago de Compostela foi construído en 1841, deseñado polo arquitecto Manuel Prado y Vallo, no centro histórico de Santiago de Compostela.

Hoxe é un centro importante da actividade cultural de Santiago de Compostela, onde se desenvolven festivais como Cineuropa ou Curtocircuíto e a programación estable de teatro e danza ou a musical, sen esquecer conferencias, entregas de premios ou presentacións dos traballos máis variados de artistas e creadores do panorama cultural galego.

Notas

Categoría:Teatros de Santiago de Compostela