Carmen García-Rodeja Arribi, nada en Lugo en 1957, é unha historiadora, profesora xubilada, activista galega polo dereito á reparación e á memoria histórica e voceira da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica en Galicia.
Traxectoria Exerceu profesionalmente coma profesora de ensino secundario, especializada en estudos sobre a emigración, -con particular atención ás dimensións de xénero- e en historia da arte. Impartiu numerosas conferencias en España, Porto Rico, Cuba, México e os Estados Unidos de América, abordando tanto procesos migratorios como cuestións culturais vencelladas ás comunidades galegas no exterior. En paralelo á súa actividade docente, iniciou unha colaboración continuada coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
Coma coordinadora e investigadora da delegación galega da mencionada asociación, dirixiu múltiples proxectos dedicados á localización, documentación e exhumación de fosas comúns. Entre estes traballos destacan a exhumación realizada na Fonsagrada no 2007, na que se recuperaron os restos de José Moreno Torres e doutros membros do Batallón Galicia así como a intervención no cemiterio de Bértoa (Carballo), no 2023, que permitiu identificar os restos do pintor Francisco Miguel xunto aos de Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete. miniatura|A Cámara Branca (21) Carmen García Rodeja No ámbito da divulgación, impulsou diversos proxectos centrados na memoria democrática e na represión franquista. Entre eles salientan Memoria do cárcere da Coruña, dedicado á recompilación de biografías de presos políticos e á documentación das dinámicas represivas no cárcere da Coruña e o proxecto stolperstein na Coruña, orientado a homenaxear os veciños da cidade deportados aos campos de concentración nazis. Foi tamén guionista nos documentais O Acevo o reencontro das memorias 1937-2012, 75 aniversario e Memorias Rotas.
Fora da súa labor na asociación, foi a impulsora do acto en homenaxe a Xesús Alonso Montero celebrado no IES Lucus Augusti no ano 2024 e do seu nomeamento como fillo adoptivo de dita localidade en 2025.
Obras García-Rodeja Arrib, C. (1996). Los testimonios orales. Cómo trabajar con las fuentes. García-Rodeja Arribi, C. & Pérez Rey, N. (2007). Mulleres galegas na emigración: das Mariñas a Nova York. Soneira, G. & García-Rodeja Arribi, C. (1994). A publicidade e as mulleres: como utilizar a publicidade para coeducar
Vexase tamén Ligazóns externas Sitio web memoria do cárcere Sitio web deportados coruñeses Son na biblioteca humana de Galicia
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Activistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Historiadores de Galicia