Gonzalo Villar del Fraile, nado en Murcia o 23 de marzo de 1998, é un futbolista español que xoga de centrocampista no Elche da Primeira División.
Traxectoria
Comezos Formouse como futbolista na canteira do Elche e debutou co equipo filial na Segunda División B o 4 de xaneiro de 2015, con só 16 anos, nunha derrota por 0-3 contra o Sant Andreu.
En agosto de 2015 ingresou no equipo xuvenil do Valencia. Subiu ao equipo B antes da tempada 2017/18, sendo titular no conxunto adestrado por Lubo Penev, e marcou o seu primeiro gol o 26 de agosto de 2017, nunha goleada por 4-1 contra o Peralada-Girona B.
Elche (2ª etapa) O 9 de xullo de 2018 regresou ao Elche, sendo asignado ao equipo principal da Segunda División. Debutou na categoría de prata o 18 de agosto, saíndo como titular nun empate sen goles contra o Granada.
Roma O 29 de xaneiro de 2020 foi traspasado á Roma, que pagou por el uns catro millóns de euros. Debutou na Serie A o 15 de febreiro, substituíndo ao arxentino Diego Perotti nunha derrota por 1-2 contra o Atalanta.
Cesións O 13 de xaneiro de 2022 regresou a España como cedido ao Getafe, da Primeira División. Na primeira metade da tempada 2022/23 xogou cedido na Sampdoria, mentres que na segunda parte da campaña fíxoo no Getafe, tamén a préstamo.
Granada O 4 de agosto de 2023 asinou un contrato co Granada, que viña de ascender a Primeira.
Dinamo de Zagreb O 17 de xuño de 2025 fichou polo Dinamo Zagreb croata.
Elche (3ª etapa) O 31 de xaneiro de 2026 volveu ao seu primeiro club, o Elche, cedido por seis meses. O 29 de maio, asinou un contrato de tres anos co club ilicitano.
Selección nacional Debido ao illamento dalgúns xogadores da selección nacional tras o positivo na proba de COVID-19 de Sergio Busquets, a selección española sub-21 foi convocada para o amigable internacional contra Lituania o 8 de xuño de 2021. Villar debutou así coa selección absoluta nese partido no que España gañou por 4-0.
Vida persoal O seu irmán máis novo Javier tamén é futbolista e centrocampista.
Notas
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Murcia Categoría:Futbolistas da Rexión de Murcia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Alumnos da Universidade Católica San Antonio de Murcia Categoría:Xogadores do UC Sampdoria Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Elche CF Ilicitano Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España